_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Concello e Por Todas asinan un convenio para complementar a atención a vítimas de violencia machista

O Concello de Vilagarcía e a Asociación Por Todas asinaron un convenio de colaboración que ten por obxectivo complementar a atención a vítimas de violencia machista que presta a administración municipal dende o Centro de Información á Muller. Mediante este acordo, a asociación de mulleres será quen preste a atención primeira e quen acompañe ás vítimas de malos tratos cuxos casos se produzan fora do horario habitual de atención dos servizos municipais.
28.09.2018.- O alcalde, Alberto Varela, e a presidenta da asociación Eylin Colmenares, asinaron este mediodía convenio mediante o cal o Concello de Vilagarcía contribuirá cunha achega económica de 2.000 euros ao financiamento dos gastos que reporte a atención ás vítimas durante as fins de semana ou festivos, ademais de ceder o uso da antiga escola unitaria de Bamio como sede e centro de operacións de Por Todas.

A concelleira de Igualdade, Tania García, explicou que a asociación leva colaborando co Concello dende os seus inicios, tanto participando en todos os actos e actividades que se organizan a través do CIM como realizando este apoio no acompañamento a vítimas. “Dende hai un tempo xa viñan realizando ese acompañamento en primeira instancia a mulleres que sufrían unha agresión un sábado ou domingo ou polas noites. A Policía xa avisaba á asociación cando tiñan un caso fora do horario dos servizos municipais, e AxTodas xa se encargaba de desprazar a alguén para acompañar a esa vítima a facer trámites de denuncia, aos servizos médicos, ao xulgado ou simplemente a acompañaban..xa en función das necesidades da mesma afectada”.

Varela engadiu que “as administración non podemos chegar a todo, e por iso precisamos complementarnos deste xeito. Por Todas está facendo unha labor moi boa e necesaria que cremos que temos que apoiar con esta aportación económica e facilitándolles un local”.

Pola súa banda, a presidenta do colectivo indicou que os cartos destinaranse tanto a pagar custes de desprazamentos para a atención e acompañamento de vítimas como para a realización de cursos de formación das propias asociadas, “porque cremos que é esencial ter unha formación mínima en cuestión de xénero para saber atender o mellor posible ás vítimas de malos tratos e aos seus fillos”. A disposición das dependencias da antiga Escola Unitaria é para o colectivo “un paso moi importante porque nos permitirá facer aí os cursos, reunirnos e organizar a nosa actividade”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -