_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Plan Especial do Porto xa prevé o uso deportivo para a parcela na que se pretende emprazar a escola de vela

A parcela na que o Concello de Vilagarcía quere emprazar a futura escola municipal de vela xa conta co uso deportivo no propio Plan Especial do Porto, polo que non require de ningún trámite urbanístico previo como se dixo dende a Autoridade Portuaria tan so un día despois de que a Corporación Municipal aprobase en Pleno e por unanimidade solicitar ao organismo que preside Sagrario Franco a cesión por un prezo simbólico da devandita parcela do Cavadelo.
29.09.2018.- A concelleira de Urbanismo, Paola María e a voceira do goberno local, Tania García, compareceron con obxecto de “poñer luz” sobre os asuntos de carácter urbanístico -cuxa competencia é exclusivamente municipal- que se trataron o xoves no Pleno do Concello e sobre os que a Autoridade Portuaria emitiu o día seguinte informacións que faltan claramente á verdade e que prexudican claramente o interese xeral de todos os vilagarciáns”.

O primeiro destes asuntos é o relativo á petición da parcela na zona portuaria do Cavadelo (no denominado subsector S.3.2) para emprazar alí a futura escola municipal de vela. Despois de da que semanas atrás a Autoridade portuaria dera publicamente o seu beneplácito a dita cesión, ao día seguinte do Pleno, o organismo que preside Sagrario Franco advertía de que esa cesión non se podería realizar si previamente o Concello non realizada o trámite urbanístico para o cambio do uso dos terreos. A concelleira de Urbanismo amosou o Plan Especial do Porto de Vilagarcía no que consta claramente como usos cualificados para o subsector S32 o “deportivo, e escola de vela”, entre outros como “comercial, reparación de embarcaciones, oficinas, artesanía, sociocultural, aparcamiento, extinción de incendios, Protección Civil”.

Tal como as concelleiras demostraron, co documento do Plan Especial do porto na man, non existe obstáculo algún nin necesidade de trámite urbanístico para que se leve a cabo a cesión.

Para Tania Garcia, que xa recibiu a confirmación do seu nomeamento como membro do Consello de Administración do porto en representación do estado, explicou que “Si a Autoridade Portuaria non quere ceder esa parcela para unha actividade deportiva sen ánimo de lucro, que o diga, pero que non minta poñendo obstáculos inexistentes”. A concelleira socialista lembrou que o grupo municipal do PP votou a favor da proposta, aprobada por unanimidade no Pleno “e ao día seguinte posiciónase co PP do Porto para atacar ao goberno local”. Ante esta dualidade, García Sanmartín esixe aos populares do Concello que digan claramente si queren ou non unha escola municipal de vela.

Outro dos asuntos que a Corporación Municipal aprobou no Pleno do xoves por unaimididade foi solicitar á Autoridade portuaria un compromiso firme de que liberará o Ramal para usos públicos e a desembocadura do Con, tan pronto como se trasladen destas as concesionarias que pretenden trasladarse á zona de Comboa, fora do recinto portuario. O compromiso do Porto de que non volverá a sacar a concesión as parcelas que hoxe está a ocupar carrasco no Ramal e Moral y Riestra no Cavadelo é esencial para poder xustificar o interese público da Modificación Puntual nº 10 que permitirá o traslado destas actividades a Comboa. A recalificación dos terreos da Comboa non será posible si non existe un interese público e este dase neste caso prodúcese coa recuperación do uso público do Ramal (tras a marcha de Carrasco) e a apertura da desembocadura do Con para reducir o risco de inundacións (co traslado da actividade de Moral Riestra).

A presidenta da Autoridade Portuaria, e tamén o PP local que votou a favor da proposta no Pleno, reprobaron a medida proposta polo Concello aducindo que primeiro o Concello tiña que levar a cabo outra modificación puntual do Plan esencial do Porto relativa ao recoñecemento dos terreos que o porto gañou ao mar nos últimos anos coa política de recheos e que actualmente constan no PXOM como lámina de auga. A presidenta da rada argumentaba esta necesidade en que o Porto precisa deses espazos para poder ubicar ás empresas do Ramal, algo que non é certo posto que Carrasco xa se vai a trasladar a Comboa, logo non precisa terreos dentro do Porto. A maiores, a concelleira de Urbanismo lembroulle a Sagrario Franco que actualmente o Porto dispón de 31.000 metros cadrados libres na zona do Ramal, na parcela que hai anos ocupara Granorsa.

As concelleiras socialistas puxeron de manifesto a falsidade das declaracións da responsable do Porto en relación a que o Concello fai caso omiso á petición do Porto “xa que esta modificación se está tramitando coa revisión do Plan Xeral de Ordenación urbana que nestes momentos está na Xunta de Galicia”. Paola María tamén rebateu con documentos a suposta falta de resposta aos escritos do Porto amosando o escrito con rexistro de entrada na rada o 16 de decembro de 2016 no que se comunicaba a responsa do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo ao respecto. Neste escrito “dáse conta do escrito remitido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio” en relación á Modificación Puntual do Plan Especial para a ordenación do sistema portuario, facendo constar que “o informe da Consellería coincide co informe do Arquitecto Municipal” polo que a “Modificación Puntual do Plan debe ser tramitada consonte o procedemento ordinario por conter alteracións que non se poden considerar menores”. A maiores, no escrito que o Porto recibiu o 16 de decembro de 2016 engádese que “A modificación do planeamento especial do porto debe desenvolver as determinacións contidas no Plan Xeral e, polo tanto, non pode ser anterior a este”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -