_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Patrimonio autoriza a reparación da cuberta da praza da verdura

A dirección xeral de Patrimonio vén de autorizar o proxecto de reparación da cuberta da Praza da Verdura que o Concello de Vilagarcía pretende levar a cabo no marco das distintas actuacións levadas a cabo nos últimos anos para a mellorar e modernizar as instalacións do mercado Público Municipal. A obra que se vai a levar a cabo será o de arranxo da cuberta do pavillón e precisará dun investimento de 94.385 euros que o Concello financiará a través dos fondos europeos da EDUSI.
02.10.2018.- Co edificio principal da Praza de Abastos totalmente remodelado, a prioridade agora é a cuberta da nave da verdura, que se atopa en bastante mal estado debido a súa antigüidade. A actuación ten como obxectivo resolver os problemas de filtracións de auga que rexistra o edificio dende a cuberta debido ás deficientes condicións de estanquidade que presenta e que veñen dadas pola antigüidade e desgaste dos materiais de cubrición e da capacidade impermeabilizante.

Agora que xa se conta co beneplácito de Patrimonio, o Concello completará os trámites que marcan as directrices europeas para os investimentos incluídos nas liñas EDUSI co obxecto de poder licitar a obra tan pronto como sexa posible.

O pavillón no que se empraza actualmente a Praza da Verdura é un edificio relativamente actual (dos anos 80), que non ten ningún valor patrimonial e que, pese a ser unha construción independente, no seu día uniuse ao edificio principal da Praza de Abastos. Maila que tras a última reforma do edificio histórico do Marcado, o pavillón volveuse a separar deste, cando se catalogou a Praza de Abastos tomáronse os dous edificios como un todo, e incluíuse na mesma ficha o pavillón da verdura. Esta é a razón pola que a obra para este módulo tamén se remitiu á avaliación de Patrimonio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -