_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Concello encarga un estudo da actividade económica de Vilagarcía para planificar as accións e programas municipais

O Concello de Vilagarcía, e máis en concreto a Concellería de Promoción Económica e Emprego, pretenden optimizar ao máximo todas as accións e programas municipais destinados potenciar e dinamizar a economía local. Para iso resulta imprescindible ter un coñecemento pormenorizado e totalmente actualizado da situación, co obxecto de que estas accións incidan no punto exacto para sacar o maior rendemento posible. Con este obxectivo, a Xunta Local de Goberno vén de adxudicar por importe de 10.500 euros a elaboración dun estudo da actividade económica do Concello de Vilagarcía.
03.10.2018.- A consultora local Craftium Consultores S. L. será a encargada de levar a cabo este completo análise de datos estatísticos e o traballo de campo que permitan dimensionar a actividade económica en xeral e por sectores, así como coñecer a evolución dos mesmo durante os últimos anos, especialmente tras o impacto da crise económica en 2008.

O estudo debe analizar a estrutura empresarial de Vilagarcía, identificando os sectores con maior peso na súa economía e os sectores con maiores taxas de crecemento e dinamismo. Tamén deberá describir os factores de competitividade sobre os que apuntalar unha estratexia de crecemento económico e mellora da competitividade local. Tamén se identificará ás empresas tractoras de Vilagarcía, determinando as súas necesidades e demandas.

Con este estudo establecerase un diálogo máis fluído e construtivo entre a administración local e os distintos sectores económicos que permitirá elaborar unha folla de ruta consensuada e baseada en datos reais, na que os axentes aporten a súa experiencia e coñecemento. Trátase de dispor de datos ao detalle e actualizados sobre os recursos e necesidades dos axentes económicos do territorio para o establecemento dun marco estratéxico que permita poñer en marcha medidas de impulso dos diferentes sectores económicos e produtivos, tanto consolidados como emerxentes.

A realización deste traballo tamén terá utilidade para o Concello de cara á realización de propostas a financiar a través dos fondos europeos da EDUSI dentro da área de Promoción Económica, que deben argumentarse en base á identificación de fortalezas e debilidades do tecido produtivo, o diálogo cos axentes socioeconómicos e o estudo da evolución da poboación, a realidade do tecido empresarial e as tendencias do mercado laboral.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -