_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio abre a inscrición no curso de iniciación á música para nenos e nenas nados en 2011

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía organiza unha nova edición do Curso de Iniciación á Música dirixido a nenos e nenas nados no ano 2011. As clases impartiranse os martes de 17:00 a 18:00 horas nas instalación emprazadas no Auditorio e correrán a cargo da profesora Sandra López Villar, aínda que todos os docentes do Conservatorio colaborarán ao longo do curso que se desenvolverá entre outubro e xuño. O custe anual da actividade é de 82,65 euros.
03.10. 2018.- Vilagarcía de Arousa, 3 de outubro de 2018.- O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía organiza unha nova edición do Curso de Iniciación á Música dirixido a nenos e nenas nados no ano 2011. As clases impartiranse os martes de 17:00 a 18:00 horas nas instalación emprazadas no Auditorio e correrán a cargo da profesora Sandra López Villar, aínda que todos os docentes do Conservatorio colaborarán ao longo do curso que se desenvolverá entre outubro e xuño. O custe anual da actividade é de 82,65 euros.

O prazo de inscrición xa está aberto e os interesados deberán cubrir as solicitudes nas oficinas do Conservatorio (sitas no primeiro andar do Auditorio Municipal) en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00. Posteriormente, o centro publicará a listaxe do alumnado admitido. A admisión realizarase tendo en conta a data de nacemento e por rigorosa orde de inscrición.

O proxecto do Curso de Iniciación Música foi deseñado polo Claustro de Profesores do centro e conta coa autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O obxectivo da actividade é que os nenos e nenas adquirirán a idades temperás os coñecementos básicos da música, como o pulso ou o ritmo, a través da experimentación e do xogo. Trátase dunha iniciativa para aprender educación musical de forma lúdica e participativa, probando, tocando, vendo e escoitando. Ao longo do curso, farase unha exposición moi clara, divertida e dinámica de todas as especialidades instrumentais que se imparten no centro coa intención de que aqueles que posteriormente desexen recibir unha ensinanza regulada musical, teñan unha idea máis clara do que é dos instrumentos polos que se poden decantar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -