_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A nova parada de autobús de Alexandre Bóveda terá unha marquesiña accesíbel, similar ás do Cavadelo

A nova parara de autobús coa que contará a Rúa Alexandre Bóveda nas confluenza con Alejandro Cerecedo dotarase dunha marquesiña para dar acubillo aos usuarios do transporte público. O mobiliario será similar ao existente nas dársenas do Cavadelo e completamente accesíbel para as persoas que usen cadeiras de rodas ou leven carriños.
04.10.2018.- A Xunta Local de Goberno acordou na súa última reunión aprobar a adquisición da marquesiña que se emprazará na parada a habilitar fronte ao edificio da Sindical. O importe da compra ascende a 14.278 euros.

Como se sabe, o Concello vai a levar a cabo proximamente a reordenación do tráfico en Alejandro Cerecedo, Arcebispo Lago e Conde Vallellano. As medidas conlevan cambios de direccións e, consecuentemente, tamén do percorrido do transporte urbano. A principal novidade en relación ás paradas de autobús é que desaparece a das Galerías Gallego e se crea a de Alexandre Bóveda, xunto a Sindical. Esta medida permite dar mellor servizo aos usuarios que acoden á Praza de Abastos de Vilagarcía.

As prazas de estacionamento reservadas para minusválidos desprázanse uns metros, pasando a situarse fronte á cafetería Musgo e a zapatería. Este cambio aproveitarase para habilitar parazas completamente accesibles.

O Concello está executando os traballos de sinalización viaria para a posta en marcha de nova ordenación de tráfico. Ademais do pintado das liñas de circulación, estacionamentos e paradas de autobús, tamén se procederá á instalación da sinalización vertical correspondente, e se están ultimando as canalización para as conexións eléctricas do semáforo no paso de peóns entre Castelao e Vista Alegre. Unha vez se completen todos os traballos, o Concello anunciará, cun par de días de antelación, a data exacta da posta en marcha da regulación de tráfico co obxecto de que toda a poboación estea convenientemente informada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -