_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno pecha a súa proposta do IBI cunha baixa de 15 décimas na rústica e de 2 na urbana

O goberno local de Vilagarcía pechou hoxe a súa proposta final en relación ao tipo impositivo do IBI a aplicar en 2019. Despois das negociacións levadas a cabo cos grupos da oposición nos últimos meses e en eras de acadar o consenso necesario para aprobar a actualizacións das taxas, o executivo socialista acordou modificar a súa oferta inicial, que xa prevía a rebaixa nas dúas modalidades do recibo da “contribución”, reducindo 15 décimas o coeficiente da rústica e 2 da urbana. Esta medida, xunto coa creación de bonificacións fiscais para a creación de emprego e a ampliación dos descontos a vehículos non contaminantes, someterase á decisión da Corporación nun pleno extraordinario a celebrar a finais da vindeira semana.
04.10.2018.- A voceira do goberno, Tania García e a concelleira de Facenda, Luz Abalo, mantiveron esta mañá a última das reunións celebradas cos grupos da oposición para abordar a actualización das ordenanzas fiscais a aplicar no exercicio de 2019. Tras as necesarias negociacións co resto dos grupos, a proposta que sobre o IBI presentará o executivo socialista ao Pleno deixa o coeficiente do IBI rústico no 0,55 (actualmente atópase no 0,70) e o da urbana no 0,51 (este sitúase no 0,53). A proposta inicial que manexaban os socialistas era do 0,60 e 0,52 respectivamente. No que se refire ao IB urbano, este será a cuarta baixada consecutiva promovida polo goberno de Alberto Varela co obxectivo de contrarrestar o impacto que supuxo para os contribuíntes o “castastrazo” promovido polo goberno do PP en 2013.

Bonificacións fiscais para incentivar a creación de emprego

En canto ao resto das ordenanzas fiscais para 2019, o goberno que preside Alberto Varela propón unha conxelación xeral, pese a que o IPC incrementouse un 2,2% no último ano. No apartado de bonificacións, o goberno plantea a creación de descontos ligados á creación de emprego por parte de empresas que se poderían beneficiar de descontos no IBI, ICIO e IEA en funcións dos novos postos de traballos que creen. O executivo fai extensible esta bonificación ás pymes e aos autónomos.

Descontos a favor do medio ambiente

Outra das medidas que se someterán aprobación do Pleno é a ampliación da bonificación do imposto de circulación e tracción mecánica a vehículos non contaminantes. Así, o desconto do 50% do que se viñan beneficiando ata o de agora os vehículos híbridos durante 2 anos, amplía o seu prazo de aplicación ata os 5 anos. Ademais, os vehículos eléctricos terán unha dedución do 75% do imposto, tamén por un prazo de 5 anos. En ámbolos dous casos, a bonificación pode solicitarse despois do primeiro ano de matriculación.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -