_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O ClasClás de Vilagarcía exporase como exemplo en cursos de posgrao da Universidade de Deusto

O Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o ClasClás, vén de sumar un novo recoñecemento, neste caso a través do mundo universitario. O festival de Vilagarcía foi elixido pola Universidade de Deusto para expoñerse como exemplo no marco dos cursos de posgrao especializados en desenvolvemento de audiencias, que a institución imparte no marco do proxecto europeo CONNECT. A presenza do ClasClás neste proxecto, financiado pola UE e no que participan cinco países, refrenda a calidade do festival promovido polo Conservatorio Municipal de Música e o Concello de Vilagarcía.
06.10.2018.- En resposta á invitación da Universidade de Deusto, a directora técnica do ClasClás e directora do Conservatorio de Vilagarcía, Rosina Sobrido, e o responsable artístico do festival, Pablo Vidal, desprazaranse a Madrid o día 10 de outubro para expoñer o modelo do ClasClás aos alumnos que participan nos dous cursos desta novidosa formación de posgrao, tomando como referencia a exitosa referencia da primeira edición celebrada a principios de verán.

Os cursos de posgrao impartiranse de xeito simultáneo durante o curso 2018-2019 en cinco países europeos: España, Italia, Dinamarca, Polonia e Reino Unido, e están financiados pola Comisión Europea e cada un do países participantes no CONNECT. No caso español colaboran o Ministerio de Cultura e Deporte e Destino Madrid.


Tanto dende o Concello de Vilagarcía coma dende o Conservatorio Profesional de Música, resáltase a importancia de que unha universidade tan prestixiosa mundialmente no eido académico e de negocios, como é a Universidade de Deusto, se teña fixado no festival de Vilagarcía e o tome como exemplo de desenvolvemento cultural innovador asociado á marca de cidade, pese a terse celebrado unicamente unha edición.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -