_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Concello e comuneiros dirixiranse á APLU para frear a propagación do chabolismo nos montes de Trabanca

O Concello de Vilagarcia solicitará unha reunión co director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia, a APLU, co obxecto de instar ao organismo autonómico a que tome as medidas oportunas para frear a propagación do chabolismo nos montes de Trabanca Badiña. Esta foi unha das medidas acordadas esta mañá, tras a visita que o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Benestar, Tania García, realizaron á zona acompañados por representantes da Comunidade de Montes da parroquia, que alertan do preocupante cariz que está adquirindo a situación dende hai uns meses.
09.10.2018.- Tal como lle amosaron os representantes veciñais, o asentamento chabolista que existe en Berdón dende hai anos está medrando de forma alarmante nos últimos meses, coa chegada de novas caravanas e a construción de edificacións precarias en parcelas de solo rústico, de monte e incluso ocupando camiños veciñais. A ordenación do solo rústico compete exclusivamente á administración autonómica, e máis en concreto a APLU, organismo creado para velar pola legalidade urbanística. A idea é que á reunión co director da axencia, ademais de membros do goberno local, asista tamén algún representante dos comuneiros de Trabanca Badiña.

Pola súa banda, e dentro das súas limitacións nesta materia, o Concello comprometeuse a enviar á Policía Local a levantar acta de cada novo movemento ou acción que se detecte na zona para levantar unha nova chabola ou instalar unha caravana. Estes informes serán inmediatamente remitidos á APLU para que adopte as medidas precisas coa maior celeridade, co obxecto de evitar novos asentamentos.
Dende o Concello enténdese que a problemática da propagación do chabolismo non é so un problema de tipo urbanístico ou de medio ambiente, senón que ten unha importante compoñente social e, polo tanto, a solución debe acompañarse de medidas en ámbolos dous sentidos. O executivo socialista xa mantivo distintos encontros coa Xunta de Galicia para tratar disto. O último hai unhas semanas, cando o alcalde se reuniu co entón conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela que se comprometeu a estudar as posibles vías de colaboración para erradicar o chabolismo en Vilagarcía. Para o Concello, a medida idónea sería que a Xunta facilitase o realoxamento en vivendas legais e que reúnan os requisitos de habitabilidade, das familias que actualmente viven no poboado de Berdón, tal e como xa fixeron noutros municipios de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -