_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os grupos de esquerdas aproban no Pleno a rebaixa impositiva do IBI co único voto en contra do PP

O Pleno da Corporación Municipal de Vilagarcía aprobou hoxe unha nova rebaixa fiscal do Imposto de Ben Inmobles (IBI) a aplicar no ano 2018. A rebaixa do coeficiente, tanto da urbana como na rústica, foi apoiada de forma unánime polos grupos de esquerdas, mentres que o PP votou en contra. Cos 14 votos a favor (de PSOE, BNG, EU, Somos e o concelleiro non adscrito) e os 7 en contra do PP, o IBI urbano rebáixase do 0,53 ao 0,51 e o rústico redúcese do 0,70 ao 0,54.
11.10.2018.- Durante a sesión, tanto o alcalde como a voceira socialista agradeceron a labor construtiva dos grupos de esquerdas e o talante dialogante amosado durante todo o proceso de negociación levado a cabo para consensuar a proposta definitiva da rebaixa fiscal do IBI. Varela e García congratuláronse deste fronte común “necesario para buscar o mellor para o conxunto da cidadanía e para continuar contrarrestando os efectos do catastrazo”. Froito desta negociación, o goberno local modificou en dúas ocasións a súa proposta inicial de rebaixa, na procura de obter o maior respaldo á mesma. Pola contra, García Sanmartín lamentou o voto en contra do PP ao considerar que a rebaixa era insuficiente. A voceira socialista pediu “coherencia e memoria” aos populares, “sobre todo tendo en conta que durante o seu mandato subiron o coeficiente do IBI do 0,42 ao 0,60 e, no peor momento da crise económica e sen ter en conta a situación dos vilagarciáns, pediron a revisión catastral que é a que dende o ano 2013 e ata o 2023 nos está encarecendo o recibido da contribución dunha forma sangrante”, apuntou a voceira socialista, Tania García.
A Corporación aprobou por unanimidade as bonificacións nos recibos do IAE, IBI e ICIO ás que poderán acollerse as empresas e autónomos que acrediten a creación de novos empregos. Neste punto recolleuse a proposta de EU de valorar a estabilidade dese emprego.

Outra das propostas abordada no Pleno foi a ampliación da bonificación do imposto de circulación e tracción mecánica a vehículos non contaminantes segundo a cal, o desconto do 50% do que se viñan beneficiando ata o de agora os vehículos híbridos durante 2 anos, amplía o seu prazo de aplicación ata os 5 anos. Ademais, os vehículos eléctricos terán unha dedución do 75% do imposto, tamén por un prazo de 5 anos. A medida contou co voto a favor de todos os grupos excepto o PP que se abstivo.

O resto das taxas municipais mantéñense conxeladas para o ano 2019, coa excepción da de auga e depuración que, por obriga contractual, debe actualizarse en función á evolución do IPC, que no último ano incrementouse nun 2,2%. Este punto aprobouse coas abstencións de Somos, o edil non adscrito e EU.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -