_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As rebaixas do IBI aprobadas no actual mandato acumulan un aforro medio de entre 80 e 180 euros por recibo

O Concello de Vilagarcía aprobou o xoves no Pleno a cuarta rebaixa consecutiva do tipo impositivo do IBI urbano no que vai de mandato. O coeficiente, que no ano 2015 se atopaba no 0’60, fíxase para 2019 no 0’51. A redución anual progresiva aplicada polo executivo socialista dende que goberna consegue amortiguar o forte impacto do "castastrazo" aprobado polo anterior executivo do PP. De feito, o aforro medio nestes catro anos nun recibo da urbana sitúase entre os 80 e os 180 euros, dependendo das características da propiedade.
13.10.2018.- O Concello de Vilagarcía aprobou o xoves no Pleno a cuarta rebaixa consecutiva do tipo impositivo do IBI urbano no que vai de mandato. O coeficiente, que no ano 2015 se atopaba no 0’60, fíxase para 2019 no 0’51. A redución anual progresiva aplicada polo executivo socialista dende que goberna consegue amortiguar o forte impacto do "castastrazo" aprobado polo anterior executivo do PP. De feito, o aforro medio nestes catro anos nun recibo da urbana sitúase entre os 80 e os 180 euros, dependendo das características da propiedade.

Estas cifras do aforro medio acumulado no recibo do IBI, obtéñense collendo como referencia unha selección aleatoria de propiedades urbanas de diferentes características e emprazamentos, dentro do grupo máis numeroso, e polo tanto, máis representativo, que é o de vivendas de ata 300 metros cadrados.

Por exemplo, un piso de 108 metros cadrados situado na Rúa Alejandro Cerecedo que en 2015 (co coeficiente do 0’60) pagou 184,66 euros de IBI, de manterse ese mesmo tipo impositivo, en 2019 tería que aboar 233,91 euros. Sen embargo, a cantidade a pagar reducirase a 198,82 euros coa rebaixa ao 0’51 aprobada no Pleno cos votos a favor de PSOE, BNG, EU, Somos e do concelleiro non adscrito; e o voto en contra do PP.

O resultado para o propietario desta vivenda é dun aforro de 35,09 euros nun só ano, cifra que se eleva ata os 84,95 euros facendo o sumatorio do efecto das sucesivas baixadas do coeficiente do IBI aprobadas polo executivo socialista nestes catro anos.

Collendo como exemplo un recibo moito máis elevado, vemos que unha casa en Vilaxoán de 216 metros cadrados que en 2015 pagou 406’51 euros pola contribución urbana, de manterse o mesmo coeficiente no 0’60, o ano que ven tería que afrontar un pago de 481,60, euros. Este desembolso, sen embrago, verase reducido a 409,35 euros, grazas á última rebaixa da contribución urbana aprobada esta semana.

Neste caso, a diminución do tipo impositivo ao 0.51 tradúcese en que o propietario desta vivenda de Vilaxoán aforrará 72,25 euros tan só no recibo de 2019. Si se suman as reducións de importes conseguidas polas anteriores rebaixas do coeficiente do IBI dende 2016, o aforro que leva acumulado este propietario elévase ata os 177,41 euros.


(cuadros comparativos no pdf adxunto)


O imposto de Bens Inmobles obtense pola multiplicación de dous factores: O valor catastral e o coeficiente impositivo. O valor catastral de cada propiedade fíxao a Dirección Xeral do Catastro, mentres que o coeficiente, dentro duns límites legais, establéceno os concellos. Como se sabe, o anterior goberno municipal do PP, despois de elevar o coeficiente do 0’52 no que se situaba en 2011, ata o 0’60 en 2013, solicitou ao Estado levar a cabo unha revisión catastral das propiedades urbanas. A actualización da ponencia supuxo un incremento tan grande dos valores catastrais das propiedades e, consecuentemente, no importe total do recibo a pagar polos veciños, que a súa aplicación distribuíuse en 10 anos consecutivos. É dicir que, o valor catastral sube cada ano dende o 2014 e seguirá facéndoo ata o ano 2023, incluído. A consecuencia desta medida é que o importe do recibo da contribución urbana a pagar polos veciños tamén seguirá incrementándose nese período.

A única posibilidade que ten o Concello para frear o forte impacto económico de este "catastrazo" é actuar no outro factor da multiplicación, é dicir, no coeficiente ou tipo impositivo. Para tratar de compensar o continuado incremento dos valores catastrais e para reducir o esforzo fiscal dos vilagarciáns en plena época de crise, o goberno que preside Alberto Varela leva a cabo dende inicio do mandato unha política de redución progresiva do coeficiente do IBI da urbana.


(cuadros comparativos no pdf adxunto)

A redución do coeficiente do IBI é a medida que máis repercute no peto do cidadán, pero non é a única adoptada polo goberno de Alberto Varela para reducir a presión fiscal aos vilagarciáns. De feito, nestes anos a conxelación de taxas foi a tónica xeral, coa única excepción das de auga e depuración que téñense que axustar á variación do IPC por obriga contractual coa concesionaria. Ademais, e sempre co obxectivo de facilitar que as persoas con menores ingresos poidan afrontar os seus deberes fiscais, tamén se introduciron numerosas bonificacións, a máis importante a bolsa para facilitar o pago do IBI.

Estas reducións fiscais supoñen unha perda de ingresos para as arcas municipais, de aí que deban estar debidamente cuantificadas para seguir mantendo o equilibrio e estabilidade presupostaria do Concello. Ademais debe garantirse que se dispón dos recursos necesarios para continuar prestando e ampliando servizos, realizar investimentos e fomentar as políticas sociais con medidas como a bolsa para axudar ao pago do IBI, as bolsas de estudos a universitarios, o comedor de verán para os usuarios dos Campamentos de Verán ou as axudas á creación de emprego, creadas no actual mandato.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -