_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
INFRAESTRUTURAS
O concello destinará 57.000 euros á reposición da cuberta do pavillón de Faxilde

O Concello investirá 57.000 euros na reposición do material de cobertura do pavillón deportivo de Faxilde. Este foi un dos principais acordos da Xunta de Goberno Local, reunida hoxe. Na mesma xuntanza, o equipo de Alberto Varela tamén deu visto bo ao investimento de 49.000 euros na construción dun muro no lugar de Lago-Castroagudín, o que permitirá, á súa vez, ensanchar o camiño existente nese lugar, renovando ao tempo as conducións de saneamento. As actuacións nas zonas rurais foron obxecto de varios dos acordos adoptados hoxe.
16.10.2018. No caso do pavillón de Faxilde, a actuación xustifícase polo mal estado de las instalacións actuais, que, como se sabe, utilizan tanto o colectivo escolar do centro vilaxoanés coma a Fundación Pública de Servizos Deportivos, que utiliza este pavillón para actividades propias e para a cesión de horas aos distintos clubs. A reforma, polo tanto, satisfará unha alta demanda. A concelleira de Urbanismo, Paola María, confía en que este proxecto sexa incluído no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación para 2019, cuxa convocatoria é inminente.

Como queda dito, na mesma reunión a Xunta de Goberno tratou diversos temas relativos a actuacións nas parroquias. Así, por exemplo, deuse conta dunha cesión de terreos feita por una veciña de Cea, o que permitirá ensanchar as rúas Sobreiral e Outeiro, nesa mesma parroquia, unha obra que non terá excesivo custe pero que resolverá unha vella demanda dos veciños. No mesmo eido sitúase a intención do concelleiro de Obras, Lino Mouriño, de solicitar permiso á deputación para destinar a baixa doutros proxectos a renovar un muro de mampostería na rúa Galáns e o Camiño de Monte Eiviño, o que facilitará a consolidación dun camiño en mal estado, e a reforma da rede de pluviais en Rúa Loureiro, en Trabanca Sardiñeira, o que permitirá acabar cos problemas de humidade que presenta unha vivenda situada ao carón desa rede.

APARCAMENTO DISUASORIO E ARRANXO DE XOGOS
Por outra banda, na reunión de hoxe a Xunta de Goberno tamén decidiu aprobar o gasto de reparación de dous xogos infantís no parque da Xunqueira e deuse conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a empresa Álvarez Conchado e Fillos para a utilización dous dos soares que esa empresa coruñesa posúe no Piñeiriño con destino a aparcamento disuasorio. O estacionamento, de feito, xa se viña utilizando; o que se fixo hoxe foi ratificar ese acordo, garantindo así a continuidade da rede de aparcamentos alternativos que está xerando o actual goberno ben a través de cesións gratuítas, ben mediante acordos de aluguer polo mesmo prezo do recibo do IBI que afecta a eses soares urbanizables pero baldeiros.

Por último, tamén se deu conta da autorización de Costas para a instalación de semáforos provisionais e balizas reflectantes na parte final da avenida de Valle Inclán e arranque de Víctor Pita, unha zona na que, como se sabe, o Concello pretende poñer en marcha unha experiencia piloto para coñecer a viabilidade de utilizar un só carril para circulación bidireccional pero alterna regulada mediante semáforos. Isto permitiría utilizar o resto do espazo –entre o peirao de Ferrazo e praia de Canelas- a paseo peonil e carril-bici. Cumpridos todos os trámites administrativos, as probas comezarán nos vindeiros días.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -