_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
Fomento confirma ao alcalde que o AVE parará en Vilagarcía nalgún do seus traxectos

O gabinete do ministro de Fomento, José Luis Ábalos, púxose hoxe en contacto co alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, para transmitirlle unha mensaxe de tranquilidade respecto á inclusión ou non de Vilagarcía na rede de paradas do tren de alta velocidade en Galicia. A este respecto, o ministerio informoulle que a idea coa que se traballa na definición dos itinerarios é que Vilagarcía sexa parada senón en todos sí nalgúns dos horarios.
18.10.2018.-- Dende o gabinete de Ábalos explicaron que as informacións que saíron estes días pasados referíanse ás previsións para as grandes cidades de Galicia, pero de aí non se podía deducir que Vilagarcía quedara fóra das paradas do AVE; de feito, insistiron esas fontes, un dos planteamentos do ministerio nos traballos previos para a posta en marcha definitiva do tren de alta velocidade é que, efectivamente, en Vilagarcía paren algúns dos trens que comunicarán directamente Galicia con Madrid.

Aínda que a decisión final non está tomada e, polo tanto, hai que manter certa cautela, para o alcalde o feito de que os responsables técnicos do ministerio, e especialmente o ministro, conten con Vilagarcía dentro dos estudios para definir a rede da alta velocidade é, dende logo, unha boa noticia. Alberto Varela está seguro de que as reivindicacións vilagarciáns e arousáns serán tidas en conta. Malia entender que, por definición, un tren de alta velocidade non pode estar parando continuamente, o alcalde subliña que no caso de Vilagarcía se trata da cabeceira dunha comarca moi dinámica, que incluso –a efectos ferroviarios- serve tamén á outra beira do río, ao que hai que sumar o feito de que Vilagarcía é tamén un porto de interese xeral do Estado. En calquera caso, José Luis Ábalos e Alberto Varela terán a oportunidade de intercambiar pareceres e argumentos nunha vindeira reunión en Madrid.

OS ACORDOS DE 2015 E 2017
A chamada hoxe dende Madrid, en resposta á petición de entrevista solicitada onte mesmo, coincidiu no tempo co anuncio do Partido Popular de presentación dunha moción ao pleno sobre a reclamación de que o AVE pare en Vilagarcía, e incluso que a Mancomunidade adopte un acordo en tal sentido. O goberno local "non deixa de saír do seu asombro; por moito que nos teñan acostumados a este tipo de oposición, hai que recoñecerlles que sempre teñen a capacidade de superarse", valora Tania García, a portavoz do goberno, que lembra que foi ela mesma quen, na sesión do 30 de marzo de 2015, propuxo ao pleno –e este aprobou por unanimidade, incluído o PP, entón no goberno- estes tres puntos:

"1. Instar ao Ministerio de Fomento e a RENFE a que Vilagarcía teña acceso directo por ferrocarril a Madrid.
2. Dar traslado deste acordo a todos os Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados.
3. Dar traslado deste acordo ao Presidente da Xunta de Galicia e aos Grupos Parlamentarios do Parlamento de Galicia".

A moción do PSOE foi aprobada por unanimidade. Tania García lembra, igualmente, que o apoio da Mancomunidade xa foi expresado por acordo do pleno desa entidade, a instancias do alcalde vilagarcián, en abril de 2017.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -