_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
URBANISMO
O xulgado volve a dar a razón ao concello no conflito coa propiedade da casa do Castro en ruínas

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra acaba de ditar sentenza pola que rexeita a demanda de Tvitec System Glass, SL, propietaria da casa en ruínas da praza de Martín Gómez Abal (O Castro), contra o acordo da xunta de goberno local de Vilagarcía pola que se desestimou outro recurso no que pedía deixar sen efecto a liquidación de case 53.000 euros pola ocupación da rúa. O Xulgado non só ratifica que esa liquidación estivo ben feita, dando por tanto a razón ao concello, senón que impón o pago das costas xudiciais á demandante. Tvitec System Glass aínda pode recorrer esta nova sentenza en contra diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ata o de agora os tribunais fallaron sempre a favor do concello.
22.10.2018. Nesta ocasión, a empresa propietaria do edificio que antigamente acollera unha escola, alegaba que, estando conforme co pago de 535 euros polos servizos de protección civil á hora de retirar tellas e refugallos á vía pública, non podía aceptar o resto de liquidacións -52.053,60 euros máis- en concepto de "metro vallado de perímetro. A propiedade entende que o custe dese valado sería de 224 euros, dez veces menos do que facturou o concello ao mes e 254 veces do que sería a facturación total.

O concello, sen embargo, defendeu que eses cálculos non son correctos. Así, nas súas alegacións lembra que a demandante –Tvitec System Glass, SL- adquiriu o inmoble en maio de 2012. Pouco despois comezaron a desprenderse elementos do edificio, o que obrigou a intervir a Protección Civil. Ante o risco de novos desprendementos e diante no nulo caso aos requirimentos do Concello, a travesía entre Juan García e a Avenida da Mariña estivo pechada ao público entre o 18 de febreiro de 2013 e o 31 de decembro de 2015. Conforme á ordenanza fiscal, iso significou o devengo dunha taxa de 3,05 euros/día, "devengo imputable al propietario por su negligencia al no disponer de medidas de seguridad y la necesidad de proceder al vallado provisional".

Finalmente, a xuíza asumiu os argumentos do concello: "No puede considerarse que la actividad a valorar haya de limitarse a la colocación material de las barras de seguridad para impedir el paso, como pretende la parte demandante, sino que esa operación puntual no es más que el inicio de la actividad realmente prestada por el Concello, que es la de impedir el paso por la calle en cuestión, para intentar evitar los riesgos que supone para la seguridad pública, y debiendo valorarse por ello la actividad de mantenimiento del valleo, su vigilancia, y el hecho de que con ello se está privando del uso común y general a la calle afectada".

En consecuencia, a maxistrada Mónica Sánchez Romero ditou sentenza desestimando o recurso contencioso-administrativo de Tvitec e impoñéndolle o pago das costas xudiciais. O sentenza aínda podería ser recorrida en apelación diante do TSXG. O goberno local valorou hoxe positivamente este novo fallo xudicial, que vén a demostrar que o concello actuou correctamente tanto cando ordenou pechar a rúa como facer obras de consolidación con cargo á propiedade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -