_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
A Escola Infantil de Vilaxoán comezará a funcionar o próximo curso con 74 prazas

A escola infantil de Vilaxoán, na que o Concello está investindo preto de 600.000 euros, comezará a funcionar o vindeiro curso, cunha oferta de 74 prazas. Así se confirmou hoxe na entrevista que, xestionada polo alcalde, Alberto Varela, co conselleiro de Política Social en setembro, mantiveron hoxe na sede do Consorcio Galego de Servizos Sociais as concelleiras de Urbanismo e de Servizos Sociais, Paola María e Tania García. Ambas se reuniron co xerente do ente autonómico, Perfecto Rodríguez, co que pecharon os prazos e financiación que restan para a posta en marcha da escola.
23.10.2018. Como se sabe, as obras avanzan a bo ritmo coa vista posta en que, en decembro, estean rematadas, cumprindo así cos prazos marcados pola Deputación de Pontevedra, que financia as obras a través do Plan Concellos. Antes, en novembro, técnicos do Consorcio visitarán o edificio para ratificar as necesidades. Probablemente en xaneiro Xunta e Concello asinen o convenio relativo á xestión da escola, por unha banda, e da dotación de mobiliario, por outra. Para o mobiliario existe unha partida presupostaria da Xunta por importe de 100.000 euros; en principio considérase suficiente, pero se non chegase no protocolo se establecerá que o resto poríao o concello.

Mentres o mobiliario se instala e a Xunta procede coa selección de persoal, a apertura da matrícula seguirá o seu canle habitual aínda que probablemente na sede da galescola de Carril. Serán 74 prazas divididas en cinco liñas (segundo as idades dos rapaces e rapaces). En calquera caso, Concello e Xunta están de acordo en que en setembro de 2019 a escola infantil de Vilaxoán deberá de comezar a funcionar con normalidade.

A entrevista de hoxe foi a consecuencia da que, anteriormente, o 11 de setembro, mantiveran tamén en Santiago o alcalde e o entón conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Tanto Paola María coma Tania García expresaron a súa satisfacción pola afabilidade e colaboración que amosou hoxe o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -