_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
A Fundación ONCE e o Concello asinan un convenio para a integración laboral dos discapacitados

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a directora xeral de Insertia Empleo-Fundación ONCE, Virginia Carcedo, asinaron un convenio polo que ambas institucións colaborarán no desenvolvemento dun programa para a integración laboral das persoas discapacitadas veciñas de Vilagarcía de Arousa. O programa conta coa financiación do Fondo Social Europeo.
24.10.2018. O citado acordo establece un marco de colaboración para mellorar a situación no mercado laboral das persoas con discapacidade mediante programas de formación, captación, derivación, orientación e inserción de persoas con discapacidade do Concello para conseguir o seu acceso ao emprego de calidade.

Un dos obxectivos do convenio é sensibilizar aos cidadáns, aos axentes sociais e ás organizacións e institucións sobre as capacidades das persoas con discapacidade. Así mesmo, prevé o deseño conxunto e execución de accións específicas para mozas con discapacidade, coa finalidade de impulsar a súa incorporación no mercado laboral e concienciar ao tecido empresarial na aposta polo talento novo.

Na acto de sinatura, o alcalde lembrou que calquera que coñeza as políticas desenvolvidas polo seu goberno sabe que as áreas sociais teñen especial atención. Subliñou, así mesmo, que non é a primeira vez que o concello colabora coa ONCE polo que este convenio non é máis que unha consecuencia lóxica do camiño xa emprendido. Varela destacou, igualmente, o magnífico traballo que xa veñen desenvolvendo os técnicos de Servizos Sociais e da propia ONCE para a integración social e laboral das persoas con dispacacidade e animou, por iso, ao tecido comercial e empresarial de Vilagarcía a que participe nesta tarefa.

Pola súa banda, Virgina Carcedo amosouse especialmente satisfeita de que un concello como o de Vilagarcía se teña sumada a este proxecto que conta con financiamento europeo. Ata agora o normal é que foran os grandes concellos os que participasen, pero Carcedo insistiu en que ninguén mellor que as administracións locais, tamén as pequenas e medianas, as que mellor coñecen a realidade social e laboral dos seus territorios, de aí a importancia de que os recursos da ONCE traballen coordinadamente cos servizos sociais municipais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -