_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O ClasClas 2019 bota a andar co apertura da inscrición no YAP e anuncio de máis días e máis concertos

A segunda edición do ClasClás, Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa, comezou hoxe oficialmente a andar coa apertura da inscrición no programa de Novos Valores Internacionais, YAP (Young Artists Program), e o anuncio de que o evento contará en 2019 con máis días, máis concertos e a presenza da Orquestra Sinfónica de Galicia, considerada como unha das mellores de España.
27.10.2018. O ClasClas 2019 foi presentado no auditorio coa presenza do alcalde, Alberto Varela, a directora do conservatorio e responsable técnica do festival, Rosina Sobrido, o adxunto á dirección artística, Pablo Vidal, e a participación por vía telefónica de Alena Baeva, unha das principais mentoras do ClasClas, concertista internacional e considerada unha das mellores violinistas do mundo. O director artístico, Guy Braunstein, non puido participar na presentación, como o ano pasado, por estar viaxando xusto nese momento.

O ClasClas se celebrará entre o 27 de xuño e o 6 de xullo de 2019, repetindo escenarios: o auditorio, o salón García, os pazos da Golpilleira e Rubiáns e a igrexa de Vistalegre. Tendo en conta o enorme éxito da primeira edición, os organizadores decidiron ampliar de 8 a 10 os días, e tamén os concertos, algún incluso con carácter didáctico e destinado especialmente aos máis novos. En xeral, o esquema do festival se repetirá: haberá formación pero tamén exhibición, convertendo a Vilagarcía nun referente galego e nacional da música de cámara durante o verán.

A base será o YAP, o programa de novos valores internacionais, cuxo proceso de inscrición comezou hoxe mesmo. Ao final serán 25 os privilexiados de todo o mundo os que, previa selección, pasarán uns días traballando e tocando xunto aos seus mentores, algúns dos máis prestixiosos solistas do panorama internacional. Na web http://www.clasclas.com pode consultarse o currículo de cada un deles, así como todos os detalles da selección.

O programa de Novos Valores Internacionais YAP -Young Artists Program- está especialmente deseñado para desenvolver a formación musical de novos valores internacionais que estean a comezar as súas carreiras profesionais. Os músicos seleccionados formarán grupos de cámara con outros participantes e/ou cos mentores do festival, e, baixo a tutela dos mesmos, traballarán o repertorio co que actuarán nos concertos que terán lugar ao longo do festival. Como novidade desta segunda edición, os máis destacados YAP terán a oportunidade de presentarse coma solistas coa Orquestra Sinfónica de Galicia.

O programa educativo completarase con masterclasses, workshops e o clasclas Summit, sesións de coaching, conferencias e mesas redondas dedicadas a diversos aspectos de vital importancia no desenvolvemento dunha carreira profesional musical a nivel internacional. Os participantes terán a oportunidade de recibir consellos e formación profesional da man de xerentes de orquestras, managers e programadores de diversas entidades musicais.

No acto de presentación, o alcalde, Alberto Varela, non dubidou en felicitar ao equipo do conservatorio que puxo en pé este festival. Varela recoñeceu que todas as expectativas postas na primeira edición foron superadas e incluso destacou o feito de que unha personalidade como Guy Braunstein se ofrecera a dar un segundo concerto na igrexa de Vistalegre á vista da cantidade de xente que se quedara fóra daquel memorable concerto.

O alcalde destacou, por último, que eventos como o ClasClas contribúen a que Vilagarcía teña unha oferta diferenciada. O festival de blues, o Festiclown ou Castes, presentado tamén esta mesma semana, forman parte, co ClasClas dese elenco de propostas que contribúen a poñer a Vilagarcía no mapa partindo de medios moi inferiores aos de outros grandes concellos pero que se suple co talento e a colaboración entre institucións públicas e privadas.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -