_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Concello e comuneiros de Cea colaboran para mellorar tres camiños da parroquia

O Concello de Vilagarcía vén de completar os trámites administrativos de cesión de terreos que permitirán mellorar tres puntos do rueiro de Cea. As actuacións, demandadas pola veciñanza da zona e que repercutirán tanto en comodidade como en seguridade viaria, poderán levarse a cabo grazas ao traballo conxunto e á colaboración entre a Comunidade de Montes e o Concello de Vilagarcía.
30.10.2018.- A Xunta Local de Goberno aceptou onte a cesión de terreos ao Concello por parte da Comunidade de Montes de Cea para levar a cabo a mellora de seguridade viaria e ampliación da saída dun camiño na zona de O Vento. Os terreos que os comuneiros cederon ao Concello permitirá retranquear a marquesiña da parada do autobús que actualmente se atopa para enriba da estrada do Pousadoiro( ao pasar o tanatorio), co conseguinte perigo para os usuarios e para a circulación. Os terreos cedidos tamén permitirán abrir a dificultosa saída de vehículos dende o camiño que alí mesmo entronca coa estrada provincial e que, debido a súa estreitez e ao desnivel que presenta, resulta incómoda e perigosa.

A segunda obra que o Concello está a piques de rematar en Cea grazas á colaboración dos comuneiros é a mellora da Rúa do Cristo do Vento. Este camiño non tiña saída e remataba nun tramo de escasos tres metros de ancho, polo que os vehículos, ao carecer de espazo para dar a volta, tiñan de circular marcha atrás para saír. A Xunta de Montes adquiriu e demoleu unha propiedade en ruínas situada ao final do camiño, os terreos gañados permitiron ao Concello ensanchar e acondicionar o tramo final do camiño para que os vehículos xiren sen problema.

A terceira actuación que a concellería de Obras que dirixe Lino Mouriño, vai a levar acabo en cea coa colaboración veciñal é o ensanche do entronque das rúas Sobreiral e Outeiro de Cea. Neste caso, foi unha propietaria particular da zona a que cedeu ao Concello unha franxa de terreos de 51 metros cadrados de superficie para poder levar a cabo a mellora. Cos traballos, o camiño axustarase neste tramo á aliñación establecida no PXOM. As obras levará as a cabo o Concello pero a Comunidade de Montes tamén colaborará aportando a pedra necesaria para a construción do muro.

O concelleiro de Obras e Relacións Veciñais, Lino Mouriño agradece a “excelente disposición” da Comunidade de Montes de Cea a colaborar co Concello co obxectivo de levar a cabo actuacións e obras en beneficio dos veciños da parroquia.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -