_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello redacta a proposta para ensanchar a beirarrúa do IES Castro Alobre

Os servizos técnicos municipais están elaborando xa a proposta de ensanche da bairarrúa do IES Castro Alobre que o Concello de Vilagarcía remitirá á Xunta de Galicia co obxecto de que a administración autonómica ceda os terreos necesarios para levar a cabo a demandada actuación. No boceto concretaranse as dimensións de retranqueo do muro do centro educativo que é necesario levar a cabo para que a estreita beirarrúa acade o ancho que se establece na lei de accesibilidade e que garanta a seguridade viaria na transitada Rúa San Roque.
01.11.2018.- A principios deste ano, o Concello de Vilagarcía remitiu á Xunta de Galicia o acordo plenario no que se demandaba á administración autonómica a cesión dunha franxa de terreos da zona de aparcamento do instituto Castro Alobre para poder ampliar a beirarrúa que discorre en paralelo á fachada do centro educativo que apenas supera o medio metro de ancho. A Corporación argumentaba a petición en motivos de seguridade viaria, posto que dada a estreitez da beirarrúa imposibilita que pasen dúas persoas á vez, polo que un peón ten que baixar a calzada cando se cruza con outro ou con alguén que leve un carro de bebé ou da compra. A maiores, este tramo é moi utilizado tanto polos alumnos do centro educativo, como polos numerosos usuarios do centro de saúde de San Roque que se atopa a continuación, especialmente por persoas maiores e con problemas de mobilidade.


A petición enviada no mes de xaneiro ás consellerías de Educación e de Facenda tivo resposta a mediados de outubro a través dun escrito da Secretaría Xeral Técnica de Patrimonio, da Consellería de Facenda. Nel solicítase ao Concello a documentación técnica na que se concreten os terreos obxecto de cesión para poder valorar a proposta e a incidencia da mesma no centro educativo.

Dado que a resposta á petición do Concello tardou nove meses en chegar, o Concello pretende mandar canto antes o documento técnico para non demorar moito máis a necesaria actuación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -