_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
POLICÍA LOCAL
As actividades de educación viaria da Policía Local chegaron o curso pasado a 2.890 persoas

Como paso previo ao inicio da nova tempada que está a piques de comezar, o departamento de Educación Viaria da Policía Local de Vilagarcía vén de presentar a memoria das actividades realizadas durante o curso 2018-19. A lo largo dese ano, as accións formativas e de sensibilización levadas a cabo en materia de seguridade viaria chegaron a 2.891 vilagarciáns de todas as idades, aínda que con predominancia do público infantil e xuvenil.
02.11.2018.- O departamento de Seguridade Viaria desenvolve unha importante labor didáctica que ten como obxectivo mellorar os índices de seguridade viaria tanto para os peóns como para os condutores de todo tipo de vehículos. Para iso é imprescindible que todos, independentemente da idade e do papel que desempeñemos en cada momento (peón, ciclista, condutor de vehículo a motor, pasaxeiro…), teñamos un correcto coñecemento das normas de circulación e de seguridade, así como da sinalización.

Para afondar nisto, a Policía desenvolve dende hai anos o Programa de Educación Viaria en colexios e institutos do municipio. Aínda que esta é a acción máis importante debido ao elevado número de rapaces que asisten cada ano ás sesións, as intervencións nesta materia complétanse coas levadas a cabo no marco da Semana da Mobilidade e outras máis recentes como as do Día Mundial da Bicicleta.

No que ao programa nos centros educativos se refire, nas charlas realizadas en 9 colexios e 6 centros de Secundaria participaron o pasado curso un total de 2.414 alumnos (1.229 de Primaria e 1.185 de Secundaria). As sesións para os primeiros estaban dirixidas a estudantes de 4º, 5º e 6º curso e, ademais das explicacións recibidas nas aulas, os alumnos puxeron en práctica o aprendido actuando como peóns, condutores e pasaxeiros de vehículos no circuíto de educación viaria.

As temáticas expostas polos axentes apóianse en unidades didácticas adaptadas ás idades dos alumnos e que se actualizaron o pasado curso. Ademais, as explicacións dos axentes refórzanse con material audiovisual igualmente adaptado ao nivel dos estudantes. Así, as temáticas que se traballan cos alumnos de Primaria van dende os valores e comportamentos na vía pública; a como subir, baixar e permanecer no bus escolar; pasando polos hábitos correctos dos peóns á hora de camiñar ou atravesar a vía pública nas cidades ou fora delas. Tamén se lles ensinan as normas a respectar cando se actúa como ciclista, ou as que hai que seguir si se vai como pasaxeiro nun vehículo.

Cos alumnos de Secundaria abórdanse temas como as sinais de circulación a condución de motocicletas, os accidentes de tráfico e como actuar nestes casos, os efectos do alcohol e as drogas na condución.

No que se refire ás actividades da Semana da Mobilidade, a Policía Local desenvolveu unhas sesións sobre “Mobilidade Sostible” nas que participaron 337 alumnos de 6º de Primaria e do Centro de Educación Especial. Todos eles acudiron posteriormente ao circuíto e Educación Viaria xunto con outras 135 persoas que se animaron a pilotar os karts e bicicletas polas rúas simuladas na Praza da II República durante a xornada de portas abertas.

Tamén no marco da semana da Mobilidade do ano pasado desenvolveuse unha charla no centro Social do Ramal á que asistiron 40 persoas maiores.

Campaña “Vas ao cole? Seguro!”

O departamento de Seguridade Viaria do Concello tamén puxo en marcha o ano pasado unha campaña informativa destinada a mellorar a seguridade dos escolares no seus desprazamentos aos centros educativos. Para elo editouse e distribuíuse entre os colexios un cartel no que, cun atractivo deseño, se resumen as normas e consellos a seguir si se vai ao cole a pé, en bus, en coche, en bici ou en moto.

Outra das actividades incorporadas pola Policía o pasado ano ao programa de Educación Viaria foi a realizada con motivo do Día Mundial da Bicicleta, o 19 de abril. Para conmemorar ese día e continuar coa política de promoción do uso de vehículo a pedais como medio de transporte alternativo e saudable, o departamento organizou unha mesa redonda no IES Fermín Bouza Brey. Nela interviron un membro da Dirección Xeral de Tráfico, a concelleira de Mobilidade, e unha profesora do centro usuaria habitual da bicicleta para os desprazamentos pola cidade. 90 persoas asistiron como público a esta actividade.

Por último, o departamento de Seguridade Viaria da Policía tamén colaborou o pasado curso con distintos colectivos e centros que solicitaron a súa intervención en actividades propias relacionadas coa seguridade viaria, as profesións ou os servizos públicos, participando por exemplo en ludotecas, actividades de centros de infancia ou colexios.

Karts a pedais e remolques para persoas con problemas de mobilidade
No que ao material se refire, o servizo inaugurou o curso pasado coa renovación do parque móbil do circuíto de educación viaria. Esta renovación realizouse en base a criterios ecolóxicos e inclusivos, posto que os antigos karts de gasolina substituíronse por outros a pedais, máis respectuosos co medio ambiente, e remolques que permiten que os nenos e nenas con discapacidade poidan participar igualmente no circuíto como pasaxeiros dos karts.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -