_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello mellorará a acústica da aula de percusión da Escola Municipal de Música

O Concello de Vilagarcía levará a cabo proximamente outra actuación de mellora das dependencias da Escola Municipal de Música. Neste caso, a medida afectará á aula de percusión e terá como obxectivo mellorar a acústica da sala. A obra executarase directamente con persoal municipal e o investimento pola compra dos materiais necesarios ascende a 5.150 euros. A memoria da actuación e o gasto da mesma foron aprobados na Xunta Local de Goberno celebrada onte.
06.11.2018.- A mellora acústica da aula de percusión é unha actuación necesaria, posto que nas actuais condicións da sala, e debido ao tamaño dos instrumentos de percusión e á intensidade sonora dos mesmos, prodúcense reverberacións do son moi molestas tanto para os profesores como para os alumnos. As molestias prodúcense incluso no exterior da aula, posto que o ruído traspasa as paredes, chegando ao corredor e a oírse nas aulas próximas.


A cobertura de corcho que teñen as paredes da aula non é suficiente para evitar a reverberación, dado o alto da sala, 3 metros, e a que o teito son está revestido con enfoscado e pintado. Para poñer fin a esta molesta situación, os traballos a realizar consistirán en recubrir todo o teito da aula con paneis absorbentes. Ademais, nas esquinas da aula colocaranse elementos de espuma, denominados trampas graves, que axudan a evitar que o son rebote. Coa adopción destas medidas reducirase lixeiramente o volume no local e aumentará o coeficiente de absorción dos parámetros, co que, consecuentemente, descenderán as reverberacións e mellorará o confort acústico.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -