_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO RURAL
O Concello completa o reparto de subvencións municipais para a limpeza e conservación dos montes

A Xunta Local de Goberno acordou esta semana a concesión das subvencións para a limpeza de montes e prevención de incendios forestais ás últimas comunidades que presentaron proxectos. Os expedientes aprobados corresponden ás seis comunidades que presentaron un proxecto colectivo (Rubiáns, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, cea, Guillán e Sobrán-Vilaxoán). Anteriormente xa foran aprobadas as axudas municipais aos proxectos individuais formulados polas comunidades de Loenzo, Bamio, Fontecarmoa, completándose deste xeito a convocatoria de axudas correspondentes ao exercizo 2018.
07.11.2018.- O proxecto colectivo formulado pola Comunidade de Montes en Man Común de Vilagarcía de Arousa recibirá 6.349 euros de axuda para financiar actuacións nos montes da comunidade de Rubiáns; 5.947 euros na de Trabanca Sardiñeira e 2.949 euros nos de Trabanca Badiña. Maior importe, debido á maior extensión dos seus montes, reciben as actuacións proxectadas nas comunidades de montes veciñais de Cea (14.075 euros), Guillán (14.981 euros) e Sobrán-Vilaxoán (14.197 euros).

En semanas anteriores, o goberno local aprobou a concesión das axudas aos proxectos individuais das comunidades de montes de Loenzo, que recibe una achega municipal de 8.000 euros; Bamio, con outros 8.000 e Fontecarmoa, que se subvenciona con 6.828 euros.

A liña municipal de axudas creada polo Concello de Vilagarcía en 2017 ten como obxectivo colaborar economicamente coas comunidades de montes a manter en bo estado as masas forestais e evitar os incendios que cada ano arrasan miles de hectáreas de monte en Galicia. A través desta convocatoria pódese financiar unha ampla variedade de actuacións para conservar os montes, como a creación de devesas, tratamentos axeitados da biomasa residual ou a limpeza e rozas das zonas de protección para liberar vexetación accesoria á masa principal, así como rareos da masa arbórea.

Con estas axudas tamén se poden financiar obras para dotar aos montes das infraestruturas preventivas necesarias para unha efectiva actuación en caso de ter que combater lumes, tales como a construción de depósitos ou puntos de abastecemento de augas. De igual xeito, serán subvencionables intervencións de silvicultura preventiva.

O Concello de Vilagarcía dispuxo este ano dunha partida de 85.000 euros (15.000 máis que en 2017) para financiar proxectos de limpeza e conservación dos montes municipais. Tras resolverse as solicitudes das axudas en base ao orzamentos dos proxectos presentados, queda un sobrante de 3.671 euros que tamén se repartirán entre os solicitantes en función dos criterios que se establecen nas propias bases da convocatoria para este caso.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -