_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno propón destinar parte do superávit a renovar o alumeado do rural e á segunda fase de Matosinhos

O Concello de Vilagarcía celebrará o vindeiro venres un Pleno extraordinario para concretar as obras que se executarán co fondos procedentes do superávit orzamentario correspondentes ao exercicio de 2017. A proposta do executivo socialista é destinar 695.843,02 uros á renovación do alumeado público no medio rural e á segunda fase de rexeneración de Matosinhos.
10.11.2018.- Como xa se informara hai unhas semanas, o superávit do presuposto de 2017 ascende a 1.947.370 euros. O goberno local decidiu dividir esta suma para destinar unha parte a amortización da débeda municipal e outra a actuacións de investimentos financeiros sostibles.

No Pleno ordinario do mes de outubro aprobouse dedicar 1.251.527,23 euros á amortización os préstamos subscritos con entidades crediticias, reducindo o nivel de endebedamento do Concello ata o 21,01%. Nos últimos tres anos, o executivo socialista conseguiu rebaixar o índice de endebedamento municipal un 55,6%, o que demostra a boa xestión económica realizada e o a boa saúde nas que se atopan as arcas locais.

O equipo que preside Alberto Varela pretende destinar os 695.843 euros reservados á execución de investimentos financeiramente sostibles á dúas obras. A partir máis importante, 502.000 euros, destinaríanse a completar a rexeneración do Parque de Matosinhos e a súa contorna, obra cuxa primeira fase atópase en estado de execución. Este investimento permitiría encadear as obras, de xeito que a segunda fase se inicie tan pronto como remate a primeira.

A intención do goberno é que os 193.842 euros restantes se utilicen para financiar a primeira fase da renovación do alumeado público no medio rural. Mediante esta actuación mellorarase a iluminación de 23 vías e camiños doutros tantos lugares das parroquias do rural, substituíndo as luminaria actuais por outras adaptadas á regulación vixente, e dando continuidade a estratexia de aforro enerxético que se está a levar a cabo nos últimos anos.

Por outro lado, o Pleno tamén votará o a proposta acordada na Mesa de Negociación para a recuperación progresiva no salario dos empregados públicos do Complemento Específico retirado polo Estado en 2010 dentro das medidas para a redución do déficit público. O Concello de Vilagarcía, ao dispor de superávit, pode destinar a esta medida o 0,30% da súa masa salarial (os demais o 0,20%). Esta suma ascende a 32.568249 euros este ano e irá complementándose en exercicios sucesivos para que o persoal municipal recupere o que deixou de ingresar durante os anos da crise.

A convocatoria do Pleno extraordinario débese ao cumprimento dos prazos legais, dado que se esixe que os pregos de licitación das obras a realizar co superávit estean redactados e aprobados antes de finais do ano en curso.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -