_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os nenos e nenas que desexen acompañar aos Reis Magos nas súas carrozas poden anotarse a partir do 15 de novembro

Os nenos e nenas que desexen acompañar aos Reis Magos a bordo das carrozas da Cabalgata o próximo 5 de xaneiro deberán inscribirse a partir do xoves, 15 de novembro, ata 4 de decembro. Poderá gozar deste privilexio calquera rapaz ou rapaza de 9 a 15 anos de idade, co único requisito de ir que vestidos de paxe acorde co modelo que se indica na folla de inscrición. A Concellería de Cultura oferta un total de 60 prazas a distribuír nas 6 carrozas (tres dos Reis e tres dos agasallos).
13.11.2018.- De todas as prazas dispoñibles, 24 resérvanse aos nenos de menor idade (de 7 e 9 anos), que serán os que se acomoden nas carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar. Os 36 paxes restantes (os de 10 a 15 anos) irán a bordo dos vehículos que transportan os agasallos.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A listaxe dos rapaces admitidos exporase na Concellería de Cultura (sita no Auditorio) e na web municipal a partir do 14 de decembro. As posibles baixas que se vaian comunicando, cubriranse seguindo a orde de inscrición da lista de agarda.

Os formularios de inscrición pódense imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal ou recoller nas dependencias da Concellería de Cultura a partir do 15 de novembro, de luns a venres, en horario de 9 a 13.30 horas. Unha vez cubertas, a solicitudes deberán presentarse nas propias dependencias da Concellería entre o 15 de novembro e o 4 de decembro, co horario antes sinalado.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -