_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O goberno local propón o nome de “Celestino Brianes” para a piscina municipal

A Xunta de Goberno Local decidiu hoxe, a iniciativa do alcalde, Alberto Varela, propoñer que a piscina municipal de Fontecarmoa leve de agora en adiante o nome de Celestino Brianes Lojo, unha persoa clave para entender o deporte local nas últimas décadas e que faleceu esta fin de semana. O acordo da Xunta de Goberno será trasladado agora ao Consello Reitor da Fundación de Deportes, do que forman parte representantes da Corporación municipal –goberno e oposición- e tamén de clubs de distintas disciplinas. Precisamente, Brianes ocupaba actualmente unha das vogalías do Consello Reitor.
12.11.2018.- Ao entender do goberno que dirixe Alberto Varela, aínda que a labor de Celestino Brianes será dificilmente esquecible para todos aqueles que practicaron ou coñeceron o deporte local nas últimas décadas, é preciso que a súa figura e a súa obra sexan recordadas no propio complexo deportivo de Fontecarmoa como agradecemento de todos os vilagarciáns pola súa dedicación aos demais, pero tamén como exemplo para futuras xeracións. Brianes Lojo participou do atletismo, do baloncesto, do fútbol ou da natación, dirixindo delegacións federativas ou promovendo a creación de clubs, o último o de Natación.

Pero, ademais, Brianes foi un dous promotores e fundadores da actual Fundación Pública de Servizos Deportivos, da que foi vicepresidente e vocal en distintas ocasións. Grazas a aquela iniciativa que Celestino Brianes compartira con Adolfo Pedrido, Carlos Comendador e Mario Barreiro, hoxe miles de persoas practican deporte na cidade e as instalacións de multiplicaron.

Precisamente unha desas instalacións, a piscina, está en proceso de ampliación, en grande parte grazas á iniciativa e o empuxe de Celestino Brianes, que sempre defendeu a tradición desta disciplina deportiva en Vilagarcía. Moito antes de crear o club de natación xa Brianes Lojo participaba na organización das travesías a nado do porto. Tamén foi delegado zonal da Federación de Baloncesto durante máis de 20 anos, precisamente na época que este deporte sentou as bases para chegar a contar con equipos nas principais ligas masculinas e femininas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -