EDUCACIÓN
O Concello dedica 5.578 euros á compra de instrumental e material didáctico para o Conservatorio O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía verá renovada e ampliado o material instrumental e didáctico este curso grazas ao investimento de 5.578 euros que realizará o Concello. A Xunta Local de Goberno aprobou a semana pasada o gasto co que se adquirirán varios instrumentos musicais, partituras e outros accesorios necesarios para a impartición das ensinanzas musicais.
16.11.2018.- A medida permitirá ao Conservatorio contar con instrumentos dos que ata o de agora carecían, como son un trombón, un set de caixas de percusión, unha frauta Piccolo e un cello. Ademais, permitirá repoñerse o material deteriorado polo uso como partituras, cordas, atrís, soportes e outros accesorios.
O Concello de Vilagarcía, a través da Concellería de Educación, realiza a principio de cada curso escolar un investimento en compra de material para ampliar ou substituír o equipamento didáctico do Conservatorio de modo que o alumnado poida recibir a súa formación nas mellores condicións.