_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A Covacha engrosa a lista das cinco praias de Vilagarcía con augas de calidade

Concello de Vilagarcía vén de incrementar a lista das praias municipais que acadan o máximo nivel de calidade das súas augas. Aos xa habituais areais do Campanario (Bamio), Preguntoiro (Vilaxoán), Compostela e Canelas, súmase este ano o da Covacha, en Carril que, segundo a clasificación remitida pola Consellería de Sanidade, tamén logra a cualificación de "excelente". As augas na zona da Concha tamén son perfectamente aptas para o baño, aínda que aproban cun "suficiente", igual que nos últimos anos.
17.11.2018.- O informe anual remitido pola Xunta baséase nas analíticas realizadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública ao longo de todo o ano 2018 e é o que estará vixente de cara a tempada de baño de 2019. Segundo estes datos, a evolución rexistrada pola calidade das augas das zonas de baño do municipio foi positiva. En 2016 son eran 3 os areais cuxas augas acadaban a excelencia (Preguntoiro, Campanario e Compostela). No 2017 sumouse a este grupo o areal de Canelas (Sobradelo) e agora, en 2018, tamén A Covacha pasa a formar parte da elite de areais municipais.

O obxectivo pois, de cara ao próximo ano será manter o máximo de excelencia nestes cinco areais e tratar de mellorar o da Concha.

O control sanitario levouse a cabo mediante a mostraxe periódica da auga das zonas de baño, realizada polo corpo de farmacéuticos inspectores da Saúde Pública de cada xefatura territorial de Sanidade segundo o calendario preestablecido. A clasificación sanitaria calcúlase seguindo o procedemento e parámetros da Unión Europea.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -