_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O teatro sumase a loita contra a violencia de xénero coa representación de “Invisibles”

O teatro galego regresa esta fin de semana ao Auditorio para sumarse aos actos conmemorativos do 25N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero. Será un día antes, o sábado 24, cando a compañía Redrum Teatro poña en escena “Invisibles”, a obra baseada nas historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos recollidas no libro homónimo de Montse Fajardo. A representación comeza ás 21.00 horas e a entrada custa 5 euros para o público en xeral e será de balde para xóvenes, persoais maiores e parados que acrediten a súa condición.
19.11.2018.- Marián Bañobre é a directora desta obra protagonizada polas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez . A pretensión fundamental deste espectáculo é concienciar e sensibilizar ás espectadoras e aos espectadores sobre esta lacra que invade a nosa sociedade. “Invisibles” invita a dúas grandes reflexións: a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade.

Pódese dicir que “Invisibles” é un espectáculo para público adulto pero que tamén cun grande interese para xoves en idade adolescente, xa que é precisamente nese rango de idade no que rematan de formar as súas personalidades e no que comezan as súas primeiras relacións de parella. É o momento no que coñecer este tipo de situación pódelles levar a construír unha relación máis sa e a asentar os límites das súas relacións futuras.

As entradas para a función do sábado pódense adquirir de xeito anticipado (máis custes de xestión) a través de http://www.ticketea.com ou o teléfono 902 044 226. Para obter a entrada de balde será preciso acreditar a condición de beneficiario no control de acceso: Desempregados (tarxeta desemprego), estudantes (carné xoven) e maiores de 65 anos (D.N.I.).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -