_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Concello explora con Zona Franca as posibilidades de colaboración en materia de desenvolvemento económico e empresarial

Buscar novas vías de acción para impulsar o desenvolvemento económico e empresarial en Vilagarcía é unha das liñas de actuación que está a seguir o executivo local. Con este obxectivo, o alcalde, Alberto Varela, reuniuse co delegado de Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, para coñecer de primeira man os programas e iniciativas que leva a cabo o Consorcio como dinamizador da actividade industrial e comercial e tantear a posibilidade de establecer unha liña de colaboración con Vilagarcía.
20.11.2018.- O Consorcio da Zona Franca de Vigo é unha institución pública creada en 1947 para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico desde o sur de Galicia. Como axencia de desenvolvemento económico, non só é o principal promotor de parques empresariais na súa área de influencia, senón que proporciona ás empresas unha plataforma de servizos que van desde o financiamento —a través da empresa de capital risco Vigo Activo—, ata a axuda a emprendedores —a través dos Centros de Iniciativas Empresariais e das colaboracións coa Universidade de Vigo en capital semente. Tamén realizan estudos socio económicos e de mercado e proporcionan ás empresas a información económica actualizada e relevante para a toma de decisións.

O Consorcio está integrado polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Cámara de Comercio, a Autoridade Portuaria e o Goberno de España, quen nomea o Delegado/a Especial do Estado en Consello de Ministros e segundo a proposta do Ministerio de Facenda.

O encontro celebrado en Vigo resultou “moi produtivo” en palabras do rexedor, que considera especialmente interesante para o Concello de Vilagarcía as iniciativas de Zona Franca no que á creación de viveiros e aceleradoras de empresa se refire. Varela Paz cre que a iniciativa privada da cidade tamén podería beneficiarse da colaboración que ofrece o Consorcio en canto a financiamento e asesoramento para proxectos empresariais relacionados cos sectores estratéxicos da nosa zona.

O goberno local trasladará ao sector empresarial do municipio a información obtida deste primeiro encontro co responsable do Consorcio, coa idea de que teñan coñecemento das posibilidades que lles ofrece Zona Franca para a posta en marcha de proxectos, crecemento ou internacionalización. Pola súa banda, no Concello tamén se estudarán as posibles vías de colaboración entre as institucións como axentes para promover as condicións de desenvolvemento económico.

Varela Paza agradeceu o trato recibido por parte do delegado do Consorcio Zona Franca e a súa total disposición a colaborar con Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -