TRÁFICO
Os pasos de peóns da Glorieta da Mariña Española regularanse con semáforos para unha maior seguridade Os pasos de peóns máis próximos á glorieta da mariña Española, regularanse con semáforos para unha maior seguridade dos peóns e para favorecer a fluidez do tráfico neste un neurálxico da rede viaria municipal. Os semáforos situaranse no paso de peóns da Avenida Doutor Tourón (á altura da cafetería Bella Arosa) e no de Rodrigo de Mendoza (ao inicio da zona das palmeiras).
21.11.2018.- Operarios da empresa adxudicataria (Esycsa) comezaron esta mañá os traballos previos para a instalación da sinalización semafórica. As obras consistirán na apertura das zanxas e instalación do cableado eléctrico para a conexións dos semáforos e posterior pintado da sinalización horizontal correspondente. A previsión é que os traballos estean totalmente completados e os semáforos funcionando no prazo aproximado de un mes..
As obras no cruce de Rodrigo de Mendoza aproveitaranse para desprazar uns metros o actual paso de cebra, para facelo coincidir co corredor peonil que atravesa a zona verde das palmeiras a cara a outra rúa. Ademais, rebaixaranse a beirarrúa para que sexa totalmente accesible, tanto no paso de peóns como na esquina da travesía de Rodrigo de Mendoza.
Coa regulación semafórica nestes dous puntos preténdese mellorar a seguridade dos peóns, especialmente no cruce de Doutor Tourón, que é o máis transitado e no que se teñen producido problemas. A maiores, sincronización dos semáforos permitirá regular mellor a circulación de vehículos e aportar máis fluidez nun dos puntos con maior intensidade de tráfico da rede municipal.