_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Un paquete de regalo tridimensional de 10 metros de alto presidirá a iluminación navideña na Praza de Galicia

O Nadal terá este ano unha nova imaxe na Praza de Galicia onde un gran paquete de regalo tridimensional presidirá o centro da cidade. Ademais, as persoas poderán atravesar por dentro da estrutura cúbica de 10 metros de lado. Esta é unhas das novidades coas que contará este ano a iluminación navideña en Vilagarcía que o Concello quixo potenciar para o cal se elevou o gasto ata os 80.000 euros, 20.000 máis que o ano pasado. O contrato inclúa tamén a decoración lumínica das festas de Santa Ría e San Roque, así como as conexións eléctricas das orquestras, verbenas, atraccións e feirantes que acoden aos festexos.
21.11.2018.- A idea é que a iluminación de Nadal chegue a máis rúas do municipio e tamén as zonas da periferia e o rural. Entre as novidades deste ano, a Praza de Galicia decorarase con lazadas acordes co regalo xigante; en Carril e Vilaxoán a iluminación centrarase nas prazas do pobo, e consistirán en adornar con luces as árbores naturais, e no exterior de Fexdega colocaranse uns arcos de 2,40 metros de alto e 4,80 de largo baixo os que tamén poderá pasar a xente.

E as rotondas de Pablo Picasso-Avenida de Cambados, O Salgueiral e a do Hospital contarán con conos de luces de 3,5 metros de alto. A fachada do Concello perfilarase cunha liña de luces para iluminar a silueta do edificio, e en todas as casas de cultura das parroquias ou nas súas inmediacións porase un trineo de Papa Noel, incluídos os centros veciñais de Zamar, O Sixto, Renza e A Laxe.

Tamén se adornarán as prazas de abastos municipais (Vilagarcía e Vilaxoán) e as entradas á cidade polos principais accesos cunha tira de luces co escudo corporativo do Concello e coa lenda de “Boas Festas”. As árbores das principais prazas, como Ravella Praza de España e a Alameda, decoraranse con bolas de luces. O resto da decoración de Nadal comporase de arcos, motivos invernais e navideños, cubre pés de farolas, bolas e mallas.

As rúas e zonas que contarán con iluminación de Nadal aumentan este ano. Ademais, das xa comentadas inclúe adornos no barrio dos Duráns (López Ballesteros e na zona verde de Aquilino Iglesias), Urbanización O Piñeiriño, Romero Ortiz, Juan García, Santa Eulalia, Arcebispo Xelmírez, A Baldosa, Santa Lucía, Valle-Inclán, Juan Francisco Fontán, Méndez Núñez, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, Grupo San Roque, Bosque Desamparados, Marxión, Avenida Matosinhos, Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Arcebispo Lago, Castelao, Arcebispo Andrade, San Roque, Padre Feijó, Arapiles, Gumersindo Nartallo, Duque de Rivas, Cervantes, Ramón y Cajal, Rey Daviña, Juan Carlos I, Covadonga, Conde Vallellano, Valentín Viqueira, Castor Sánchez, Manuel Antonio, Avenida de Cambados, Avenida de Vilanova, Avenida da Mariña, Vista Alegre, Moreira Casal, Ramón Piñeiro López, Agustín Romero, Rosalía de Castro, Avenida das Carolinas, Avenida da Mariña, Rodrigo de Mendoza, Xeneral Pardiñas, Brandariz, Paseo García de Caamaño, Celso Emilio Ferreiro e Avenida Doutor Tourón.

A Xuntan Local de Goberno acordou o luns adxudicar o contrato á Iluminaciones Santiaguesas, á mesma empresa que xa gañara o concurso o ano pasado, por importe de 79.134 euros. A instalación das luces comezará nos vindeiros días, unha vez asinado o contrato.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -