_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía vístese de negro e convoca andainas para clamar contra a violencia de xénero

Vilagarcía súmase un ano máis aos actos do 25N, Día Mundial Contra a Violencia de Xénero, cunha campaña publicitaria programa de actividades organizadas pola Área de Igualdade do Concello e o Consello Local da Muller e nas que se pretende implicar á toda a cidadanía. Andainas de protesta, teatro, obradoiro de empoderamento e toda unha vila tinguida de negro con carteis, grafitis e vallas publicitarias, son os eixos do programa deste ano.
22.11.2018.- Campaña publicitaria púxose en marcha á semana pasada co obxectivo de ir concienciando á poboación e convocalos aos distintos actos programados entre o 23 e o 25 de novembro. A campaña deste ano é máis ambiciosa posto que a maiores das camisetas e dos carteis distribuídos entre a meirande parte do comercio e hostalería local, tamén se poderá ver nas traseiras de autobuses de Pereira e en dúas grande s vallas publicitarias situada na entrada a Vilagarcía dende a carreteira de Pontevedra e a de Cambados. Ademais, pintaranse grafitos co slogan da campaña nos pasos de peóns do centro urbano para que a visibilización da mesma sexa total.

En canto ás actividades, o programa abrirase mañá venres, 23 de novembro, coa andaina matutina á que están convocados todos os centros educativos da vila. Esta experiencia levouse acabo por vez primeira o ano pasado e a elevada participación coa que contou, pese a tratarse dun día de chuvia, animou a repetila este ano para que as rúas se enchan do clamor social contra a violencia de xénero.

960 escolares

Esta marcha partirá da Praza da II República ás 11.15 horas para rematar no mesmo lugar despois de percorrer as rúas do centro da cidade. Será ao redor das 12.00 horas cando os estudantes lean o seu manifesto contra os malos tratos e escenifiquen o tema de Rozalen “La Puerta Violeta”. En caso de choiva, todos os actos terían lugar no interior do Auditorio.

A previsión inicial é que participen na marcha 960 alumnos de centros de Primaria e Secundaria, aínda que a cifra podería verse recortada si chove.
O sábado 24, o teatro será o medio de sensibilizar á poboación sobre a lacra social que representa a violencia de xénero coa representación de “Invisibles” o libro de Montse Fajardo no que relata as historias reais de mulleres vítimas de malos tratos. Marián Bañobre é a directora desta obra protagonizada polas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez. Será a partir das 21:00 horas no Auditorio e a entrada custa 5 euros para o público en xeral e será de balde para xóvenes, persoais maiores e parados que acrediten a súa condición.

O programa conmemorativo rematará o propio 25N. Para a xornada do domingo está prevista a celebración das primeiras xornadas contra a violencia de xénero. Entre as 10 e as 12 horas, o Auditorio acollerá un taller de detección e prevención de comportamentos e agresións machistas e de empoderamento da muller. Trátase dunha actividade gratuíta para a que non é previsto anotarse previamente organizada polo club Kenpo Vilagarcía e coa colaboración da Área de Igualdade do Concello.

Tamén o domingo celebrarase a gran marcha popular que sairá ás 13:00 horas da Praza de Galicia. Os participantes percorrerán as rúas peonís do centro para rematar de novo na Praza de Galicia onde unha representante do Consello Local da Muller lerá o Manifesto elaborado polo órgano co obxecto de chamar á atención da poboación sobre a problemática que supón a violencia machista e para seguir incentivando a loita contra ela, a axuda ás vítimas e o rexeitamento ao agresores.

Nas rúas colocaranse este día soportes publicitarios con falsos mitos sobre a violencia machista coa idea de advertir a falsidade dos mesmos e facer reflexionar á poboación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -