_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O carril bici do paseo marítimo terá unha lonxitude de 1.273 metros e un ancho total de 3

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, reuniuse con novo xefe territorial da demarcación de Costas do Estado, Enrique Fernández Menéndez, co obxecto de informalo sobre as actuación pendentes no municipio e tratar de acelerar as xestións. O encontro serviu para que o rexedor e a concelleira de Urbanismo, Paola María, presentasen o anteproxecto que acababa de recibir o Concello para a construción do carril bici no Paseo Marítimo, un documento máis completo que a memoria remitida inicialmente, e que fora requirido por Costas para poder autorizar a concesión dos terreos sobre os que se habilitará a infraestrutura cicloturista.
24.11.2018.- Segundo o estudio elaborado por AM2 Arquitectos, o carril bici terá unha lonxitude de 1.273,50 metros, e 3 metros de ancho total. A infraestrutura partirá da zona do Ramal, conectando co tramo de carril que na actualidade conclúe aí, e remataría á altura do espigón da Rúa San Andrés (onde o lavadoiro). O carril discorrerá pola parte exterior do Paseo Marítimo, é dicir ocupando terreo da praia, e ata onde o permite o propio ancho do areal.

A superficie construirase sobre unha base de formigón armado de 20 centímetros de espesor que se cubrirá cun pavimento específico para a rodadura de bicicletas, coa adherencia necesaria e cunha gran durabilidade. A plataforma, que será de cor verde, dividirase nunha zona de circulación de bicicletas –con un carril para cada sentido- e unha zona denominada “buffer” que separará lateralmente o carril bici do paseo peonil. No lateral oposto, ó que da á praia, instalarase un borde duns 10 centímetros de alto para evitar que a area penetre na senda ciclista.

No anteproxecto inclúese o pintado de toda a sinalética horizontal, na que se prevén pasos de peóns para que a xente poida atravesar dende o paseo cara á praia, e tamén se propón a plantación de árbores e a instalación de bancos ao longo na nova infraestrutura. O orzamento da actuación é de 777.060 euros, investimento que con toda probabilidade será inferior tras as rebaixas que se soen producir nas adxudicacións.

Unha vez remitido o anteproxecto, o Concello debe esperar a que Costas do Estado autorice ocupación dos terreos a través da fórmula de concesión administrativa. Será entón cando, co proxecto de execución da obra, se fagan as xestións oportunas para conseguir o financiamento necesario para acometer a actuación.

Na reunión co Xefe da Demarcación de Costas tamén se falou da segunda fase de remodelación do Paseo Marítimo. Como xa comentara o delegado do Goberno hai uns días, a situación de emerxencia vivida como consecuencia dos temporais sufridos no sur e levante de España fixo que os escasos recursos dispoñibles dos orzamentos de 2018, se tivesen que destinar totalmente á paliar os danos nestas zonas, polo que a obra de Vilagarcía terá que facerse con cargo aos orzamentos de 2019, que aínda están sen aprobar. Non obstante, dado que o proxecto construtivo está feito, unha vez dispostos os fondos, poderase licitar a obra sen máis dilación. O rexedor local pediulle ao Xefe do Costas que lle dera a máxima prioridade a este asunto para que a reforma do paseo estea completa antes do verán.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -