COMERCIO E INDUSTRIA
O Concello volve a vestir de vermello o comercio local durante a campaña de Nadal A Concellería de Promoción Económica volverá a vestir de vermello ao comercio local durante a temporada de Nadal. Como xa fixera o ano pasado, o departamento que dirixe Juan Antonio Pérez Callón, repartirá gratuitamete alfombras decorativas para que os establecementos decoren as súas entradas. Os comerciantes interesados deberán pasar a recoller o material a partir do mércores, 28 de novembro, dirixíndose á zona de portería de 9 a 10 e de 13 a 14.30 horas.
26.11.2018.- Con esta Campaña de Nadal a Concellería pretende promocionar o pequeno comercio e incentivar as vendas durante a temporada de Nadal, unha das máis importantes do ano para o sector. A campaña municipal enmárcase na estratexia comercial e de márketing que sigue o sector coa decoración escaparates e locais con motivos propios destas festas, pero da un paso máis levando a ambientación de Nadal ata a mesma porta dos establecementos co obxecto de atraer a atención e invitar á clientela a entrar neles. As alfombriñas son de cor vermello e levan pintado o logotipo do Concello.