_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
A Xunta de Goberno aproba o proxecto para demoler a vivenda e ensanchar a problemática curva da Golpelleira

A Xunta de Goberno Local aprobou na reunión desta mañá o proxecto básico e de execución para o ensanche de vial, retranqueo de muro de contención e demolición de vivenda situada ao remate da Rúa López Ballesteros. A realización deste trámite permitirá iniciar o proceso de licitación da esperada obra que permitirá eliminar a problemática curva da Golpelleira e o perigoso pescozo de botella que se forma no acceso ao barrio de A Torre. O proxecto ten un custe total de 137.174 euros que se financiará con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos 2018.
26.11.2018.- A consecución desta demandada actuación está a piques de materializarse grazas ás xestións realizadas polo actual goberno, que preside Alberto Varela, para tratar de dar cumprimento a unha reivindicación veciñal que se remontaba moitos anos atrás, así como para eliminar un punto negro do rueiro municipal. Para poder facer realidade este obxectivo, o goberno chegou a un acordo cos propietario do Pazo da Golpelleira, para conseguir a cesión gratuíta da franxa de terreo necesaria para retranquear o muro que delimita o último tramo da avenida López Ballesteros. Posteriormente, e para que a obra fose realmente eficaz, o executivo tamén negociou cos propietarios da vella vivenda en ruínas que invade e estrangula a calzada na mesma curva. Grazas a estas xestións, o Concello conseguiu adquirir a vivenda e o terreo na que se empraza, co obxectivo de derribala e complementar así o ensanche da vía abrindo a curva que agora carece de visibilidade. A compra pechouse por 10.000 euros que o Concello financiou con fondos propios.

O proxecto aprobado hoxe inclúe tamén a demolición desta vivenda e os correspondentes movementos de terras para permitir o ensanche do vial. Así mesmo, prevé a reconstrución de 97 metros de muro e o seu retranqueo ata á aliñación prevista no actual PXOM para ampliar o ancho da calzada. Isto tamén permitirá habilitar una beirarrúa, medida da que se carecía ata o momento e que contribuirá a mellorar a seguridade dos peóns; se soterrarán os cables do tendido eléctrico e colocarán catro luminarias. Tamén se prevé o acondicionamento do acceso á primeira das vivendas situada tras a curva. Por último, pavimentarase a calzada.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -