_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello solicita 15 auxiliares de Policía en previsión das necesidades do servizo para 2019

O Concello de Vilagarcía requirirá o ano que ven un maior número de auxiliares de Policía do que ven sendo habitual debido ás especiais circunstancias que se producirán na plantilla municipal como consecuencia da entrada en vigor o 1 de xaneiro da posibilidade de xubilación voluntaria anticipada dos axentes a partir dos 59 anos. Por esta razón, a Xunta local de Goberno xa acordou remitir á Academia Galega de Seguridade Pública a solicitude de 15 auxiliares a efectos de que o teñan previsto para os correspondentes procesos selectivos que leva a cabo o organismo.
30.11.2018.- Do número total de contratos temporais demandados para o ano 2019, 10 dos auxiliares demándanse a través da convocatoria ordinaria que fai a Xunta para reforzas as plantillas das Policías Locais durante o verán en municipio turísticos de Galicia. O Concello solicita que estes auxiliares comecen a traballar a partir do 1 de abril e durante un período de 6 meses.

A contratación dos 5 auxiliares restantes demándanse como medida excepcional en previsión das xubilacións anticipadas que se poidan producir a partir do 1 de xaneiro. Neste caso, e segundo os informes da Inspectora Xefa da Policía local e do Departamento de Recursos Humanos do Concello, sete axentes da Policía Local atoparíanse en situación de solicitar a xubilación anticipada.

Dado os prazos dos procedementos de selección que leva a cabo a AGASP, que demoraría a contratación destes 5 auxiliares, o Concello propón a prórroga aos auxiliares actualmente en servizo e que rematan en decembro os contratos correspondentes ao ano 2018. Con isto, preténdese manter un nivel similar de servizo na Policía Local ata que se cubran as prazas de forma definitiva mediante os correspondentes procedementos legais de contratación pública. Neste sentido, o goberno local traballa xa na elaboración dunha proposta de Oferta de Emprego Público para os vindeiros exercicios, de cara a convocar oposicións para cubrir as baixas de forma definitiva.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -