_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Concello organiza unha nova edición do Fexturrón con atraccións, pista e tobogán de xeo

Fexdega volverá a ser escenario este Nadal do Fexturrón, o programa de actividades lúdico recreativas para público familiar organizado polo Concello de Vilagarcía para as vacacións de Nadal. A edición deste ano volve a contar coa pista de patinaxe sobre xeo e contará como principal novidade cun tobogán de xeo. Haberá moitas máis atraccións, así como un amplo programa de actividades de animación a desenvolver pola firma Camarero y Cubo Ocio. O prezo das atraccións será reducido grazas á subvención do Concello e tamén haberá obradoiros e actividades de balde. O Fexturrón funcionará do 5 de decembro ao 6 de xaneiro.
30.11.2018.- O Fexturrón é unha feira de ocio que organiza e financia o Concello a través das Concellerías de Cultura e de Promoción Económica. A primeira, subvenciona con 15.000 euros o prezo dos tickets das atraccións para que o público poida gozar delas a un prezo máis asequible. Pola súa banda, Promoción Económica pon as instalacións de Fexdega e as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento da actividade.

A pista de xeo natural é un dios principais atractivos do Fexturrón ao que cada Nadal acoden milleiros de persoas de todas as idades a patinar. Pero este ano, a feira de Vilagarcía conta ademais coa novidade dun gran tobogán de xeo no que cativos e maiores poderán deslizarse sobre rodas inchables.

O parque de atraccións de Nadal se completa co dragón mecánico, un carrusel, inchables de diferente temática e tamaños, tirachinas, autos de choque, scalextric, teatro virtual 6D e camas elásticas.
Ademais, haberá actividades de animación dirixidas por monitores como obradoiros de maquillaxe e pintado de cara, sesións de teatro-clown, obradoiros de cociña e de manualidades, números de maxia, animación con bonecos de tamaño natural, unha ludoteca con xogos clásicos e ata un horto urbano. Ademais, o Fexturrón recibirá a visita de Papa Noel.

O hall de Fexdega decorarase con temática de Nadal e habilitarase unha zona de terraza-cafeteria no interior das instalacións. Tamén haberá postos onde degustar chocolate con churros.

PREZOS
A entrada ao recinto é de balde e a asistencia aos obradoiros e actividades de animación, tamén. A pista de xeo custa 6 euros por unha sesión de 45 minutos. A tarifa plana de 10 euros permite gozar de unha sesión sen límite de tempo e existe un bono de 10 sesións de 45 minutos cada unha por o prezo de 54 euros. En Todos os casos están incluídos os patíns.
Para o resto das atraccións venderanse bonos de 8 tickets por 6 euros. Á maioría das traccións, incluído o tobogán de xeo, poderase subir cun só ticket, mentres que para o teatro virtual e para o jumpig, serán necesarios 2 tickets por persoa e viaxe.
Tamén se ofrecen prezos especiais para escolares e grupos concertados de máis de 20 persoas.

HORARIOS
O Fexturrón permanecerá en Fexdega do 5 de decembro ao 6 de xaneiro. A zona de xeo (pista e tobogán) e funcionará en horario de mañá e tarde, mentres que o parque de atraccións e as actividades de animación, so en horario de tarde.

PARQUE DE ATRACCIÓNS: Os días 5,6,7,8,9,15 e 16 de decembro, de 16:30 a 21:00 hs. A partir do 21 de decembro ata o 6 de xaneiro: de 16:30 a 21:00 hs, agás 24 e 31 de decembro de 16:30 a 20:00 e 25 de decembro e 1 de xaneiro de 17:00 a 21:00.
PISTA DE XEO De Luns a Domingo: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00, excepto o 24 e 31 de decembro de 11:00 a 20:00 e o 25 de decembro e 1 de xaneiro de 17:00 a 21:00.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -