_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello adquirirá un camión aspirador para mantemento da rede de saneamento e un deshidratador de malas herbas

O Concello de Vilagarcía continua coa súa política de renovación e mellora da maquinaria e parque móbil municipal, neste caso mediante a adquisición dun camión con equipo aspirador e impulsor destinado ás labres de mantemento da rede de saneamento, e dunha máquina deshidratadora de malas herbas. En ámbolos dous casos, trátase de maquinaria necesaria para mellorar a calidade dos servizos que se presta á cidadanía. A compra desta maquinaria supón un investimento duns 200.000 euros que se financiarán con fondos propios e provinciais.
03.12.2018.- O maior dos investimentos a realizar destinarase a compra do camión aspirador e impulsor que está orzamentado en 166.701 euros dos cales a deputación aporta 104.901 a través do Plan Concellos 2018/19. Este equipo é moi necesario para levar a cabo as actuacións de mantemento periódico da rede de saneamento municipal e para actuar en caso de atascos e desbordamentos. Na actualidade eses traballos realízanse a través dunha empresa privada, pero coa compra do camión succionador, o Concello poderá realizalos directamente con persoal municipal o que, ademais de supoñer un considerable aforro ao longo do ano, tamén permitirá realizar labores máis intensas de mantemento e incluso actuar con maior celeridade en situacións de emerxencia.

Camiños máis limpos durante máis tempo

A maquina deshidratadora de malas herbas ten un custe de case 30.000 euros. O Concello carecía ata o momento dun equipo deste tipo, que permite traballar con máis eficacia na limpeza de camiños. A máquina funciona con auga quente, polo que é totalmente inocua para o medio ambiente, pero coa que se conseguen erradicar con máis eficacia as malezas e malas herbas que medran en camiños e cunetas, que tardan máis tempo en reproducirse que usando o habitual corte ou desbroce.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -