CONCELLO
O Concello concede 113 becas a universitarios e estudantes de ciclos superiores O Concello de Vilagarcía concedeu este ano bolsas de estudos a un total de 113 estudantes universitarios e de ciclos superiores. En total distribuíronse 40.200 euros en axudas de 400 euros para os alumnos de Universidade e de 200 para os de ciclos superiores de FP e UNED. Esta liña de axudas foi creada hai dous anos polo goberno socialista co obxectivo de contribuír ao sostemento dos gastos dos estudios daquelas familias con ingresos máis baixos. Na primeira edición distribuíronse 36.000 euros, partida ampliada neste exercicio ata os 40.000 co obxectivo de chagar a máis alumnos e que finalmente se ampliará ata os 40.200 para completar as 113 axudas concedidas en base ao nivel de renda das familias solicitantes.
04.12.2018.- A Xunta de Goberno Local aprobou onte a concesión das axudas. A meirande parte delas, un total de 88, foron para universitarios ou alumnos de estudos de niveis similares, cada un dos cales recibirá 400 euros. As 25 bolsas restantes corresponderon a alumnos de cursos de Ciclos Superiores de FP ou da UNED que curse estudos fora do termo municipal, cada un dos cales recibirá 200 euros.
As bolsas de estudos fináncianse a partes iguais entre as concellería de Educación e a de Benestar Social. O goberno que preside Alberto Varela creou hai dous anos estas bolsas en vista dunha realidade social que estaba acontecer como consecuencia da crise económica que estaba a dificultar, e mesmo impedir, que os fillos de familias con rendas máis baixas ou cuxos proxenitores quedaron sen traballo, puideran seguir estudando. Por iso as bolsas s concédense en función ao nivel de renda.