_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Nadal comeza o día 5 en Vilagarcía co prendido do alumeado, espectáculo de maxia e a visita de Papa Noel

Vilagarcía xa ten todo listo para dar o pistoletazo de saída ao Nadal. Será mañá, mércores, ás sete da tarde cando Papa Noel proceda ao prendido da iluminación decorativa na Praza de Galicia, presidida por un xigantesco parque de agasallo. Pero a diversión comezará antes posto que, dende as seis da tarde o prestixioso mago galego Cayetano Lledó asombrará ao público presente cos seus espectaculares números de maxia procedentes de diferentes países do mundo.
04.12.2018.- O Concello de Vilagarcía organiza esta festa para dar a benvida á campaña de Nadal, unha das épocas do ano máis entrañables e esperadas por nenos e maiores. Para ir creando ambiente antes do prendido das luces ornamentais, a Praza de Galicia converterase no escenario dun peculiar cabaré onde magos e artistas de diferentes países desenvolverán os números de maxia que fixeron durante a recepción a papa Noel nos seus respectivos países. Cayetano Lledó transformarase en diferentes personaxes procedentes da India, Italia, Norteamérica e Europa, para asombrar aos espectadores con espectaculares transformacións, levitacións fantásticas, adiviñacións imposibles ou malabares incribles.

Todo elo, terá lugar mentres se espera a chegada de papa Noel, que será o encargado de premer o botón que acenderá a decoración de Nadal en Vilagarcía, para despois pasar a recibir aos nenos e nenas que queiran pasar a saudalo.

En caso de que choiva, o Concello manterá os actos aínda que cambiará o orde. Nese caso, primeiro terá lugar o prendido do alumeado ás sete da tarde para, a continuación, celebrar a máxica festa na Praza da Peixería para que todo o mundo que o desexe poida gozar do espectáculo a cuberto.


Cayetano Lledó
Cayetano Lledó é un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego. As súas obras de escena están baseadas na comedia e na maxia cómica. Ten participado en moitos festivais internacionais de ilusionismo, e ten desenvolvido a súa maxia en diversos países europeos.
Leva ás costas unha sólida carreira como mago, showman e artista multidisciplinar de escena dende que no ano 2007 abriuse ao ámbito teatral galego despois de ter fundado a súa propia compañía Teatro Máxico. Foi nese ano cando entrou na Asociación de Magos Profesionais de Galicia (MPG), asociación da que é o actual presidente.

A mestura de estilos teatrais fundidos con elementos de circo e vodevil son unha característica constante do seu estilo. Nos seus espectáculos introduce elementos de maxia, clown, comedia, teatro de improvisación, pantomima, hipnose e faquirismo, danza e linguaxe corporal, cambios de vestiario, manipulación de obxectos e cartas, malabarismo de contacto, etc.

Hoxe en día, a súa actividade profesional versa ao longo de dúas liñas de traballo: por unha banda, a investigación e desenvolvemento de efectos máxicos aplicados á escena; e pola outra, a interpretación, produción e distribución de espectáculos de maxia teatralizada.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -