_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello da por concluída a proba do carril único en Valle-Inclán ante a inexplicable reiteración de avarías nos semáforos

O goberno local de Vilagarcía decidiu dar por concluída a proba do carril único na Avenida Valle Inclán para evitar os riscos que se están a producir ante a inexplicable reiteración de avarías rexistradas nos equipos semafóricos dende a posta e marcha da medida. O executivo local valora ante todo a seguridade dos cidadáns, razón pola cal hoxe mesmo o tramo da vía comprendido entre a depuradora de Ferrazo e a praia de Canelas volverá a ter operativos os dous carrís da circulación, para o cal, esta mañá procedeuse á retirada dos pivotes de ambos extremos da vía e ao apagado dos semáforos.
07.12.2018.- O levantamento da proba antes do prazo previsto inicialmente non ten nada que ver co fluxo de tráficos, dado que nos días nos que permaneceu operando o carril único con circulación alterna regulada por semáforos, exceptuando á lóxica confusión dos dous primeiros días nas horas puntas, a medida funcionou sen problema, con tempos de espera similares aos de calquera outro semáforo da cidade.

Descartados os fallos técnicos

O problema reside na inexplicable reiteración de avarías que se produciron na sinalización semafórica que regula o pasos de vehículos de forma alterna ás que nin os técnicos so servizo municipal de Alumeado nin os empresa que subministradora os equipos atoparon a causa. Segundo uns e outros, tanto as conexións ao tendido como os propios semáforos están en perfecto estado, razón pola que non se explican os continuos apagados destes equipos en concreto, cando os restantes do municipio non rexistraron problema algún. Aínda que na primeira incidencia pensouse que a causa puidera ser unha baixada de tensión da potencia eléctrica, esta idea descartouse finalmente ao constatarse que nas seguintes non se tiña producido variación algunha na tensión.

Dado que a actual lei de costas non permite voar o paseo sobre o mar, a posta en marcha desta proba do carril único tiña como obxectivo buscar unha fórmula que permitise continuar o paseo marítimo e o carril bici ata Vilaxoán e rexenerar esta privilexiada zona do litoral vilagarciá que hoxe en día presenta unha imaxe bastante degradada. En calquera caso, o goberno mantén o seu compromiso de continuar buscando alternativas que posibiliten a recuperación integral da fachada marítima de Vilagarcía entre Carril e Vilaxoán e, en concreto, permitan dar continuidade ao paseo que actualmente remata na punta de Ferrazo.

O goberno local pide desculpas aos veciños polas molestias que se puideran ter ocasionado como consecuencia do apagado dos semáforos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -