_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Corte e desvíos de tráfico o luns pola tarde en Rodrigo de Mendoza

A circulación rodada pola avenida Rodrigo de Mendoza verase alterada o luns, 10 de decembro, pola tarde debido ás obras de canalización do tendido eléctrico para os semáforos que se están instalando nesta vía. Para poder levar a cabo os traballos será preciso cortar un carril da circulación entre a Glorieta da Mariña española e a segunda travesía de Rodrigo de Mendoza (á altura do Andaina) polo que será necesario activar varios desvíos a partir das 15:00 horas.
07.12.2018.- Debido á eliminación dun carril da circulación entre o cruce da Glorieta da Mariña Española e a segunda travesía de Rodrigo de Mendoza, os vehículos so poderán transitar por este tramo da vía en dirección á Porta da Luz Salgada.
Para facilitar a circulación nos dous sentidos pola Avenida de Rodrigo de Mendoza, faranse os seguintes desvíos:

1. O sentido de rotonda da Porta da Luz Salgada cara a Glorieta da Mariña Española desviarase polo carril de acceso ao centro, pegado ao río, permitindo o xiro a dereita e esquerda na saída, xunto a ponte de Doutor Tourón.

2. Prohibirase o acceso cara á Praza de España dende a Glorieta da Mariña Española. Para e acceder ao centro desde a glorieta, deberá collerse polo carril único de Rodrigo de Rodrigo de Mendoza e dar a volta na rotonda da Laxe para regresar polo carril de Rodrigo de Mendoza que discorre pegado ao río.

Con todo, a Policía Local recomenda que se evite este traxecto, optando por acceder ao centro por Alexandre Bóveda para os vehículos procedentes de Doutor Tourón e Avenida de Cambados.

Ademais, infórmase de que mentres duren as obras eliminarase o estacionamento da marxe esquerda do vial pegado ao río entre a segunda travesía de Rodrigo de Mendoza (Andaina) e a ponte de Doutor Tourón.

Dende a Policía Local advírtese de que os horarios poden sufrir lixeiras variacións e apúntase que a rúa abrirase ao tráfico tan pronto como sexa posible. Entre tanto, prégase a máxima colaboración por parte dos condutores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -