_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Esta semana arrancan as obras de humanización da Praza da Independencia

As obras de peonalización e mellora estética da Praza da Independencia arrancan esta semana da man da empresa pontevedresa Montajes J.M. Iglesias. A actuación promovida polo Concello permitirá reducir o tráfico rodado nesta céntrica zona da cidade, eliminar barreiras arquitectónicas, modernizar a imaxe global da zona e renovar os servizos básicos de auga e saneamento. As obras, adxudicadas por 232.000 euros, fináncianse a través dos Fondos Feder e a Edusi "Vilagarcía Avanza". A partir desta semana que entra, os operarios da adxudicataria comezarán a realizar os traballos previos de acopio de materiais, catas e valados para, a continuación, iniciar as obras propiamente ditas, seguindo o proxecto redactado polo arquitecto Leopoldo Iborra en base ás liñas marcadas polo goberno local.
08.12.2018.- A actuación proxectada baséase en catro piares fundamentais: Renovación das redes de auga e abastecemento, peonalización e mellora da accesibilidade en dúas das tres rúas que rodean a zona verde, así como a modernización e mellora estética deste céntrico espazo vilagarcián. A humanización tamén resolverá o grave problema de seguridade viaria que se rexistra actualmente á hora de entrada e saída do colexio. Nestas horas, a acumulación de escolares e dos adultos que os acompañan ou esperan abarrota a beirarrúa, polo que tanto eles como a xente de paso, vense obrigados a invadir a calzada, co conseguinte risco de atropelo.

O arquitecto Leopoldo Iborra asina o proxecto mediante o cal, o triángulo da Independencia verá desaparecer o tráfico rodado en dúas das súas rúas, creará un novo perímetro arborado a carón dos edificios e modernizará a fonte, dando maior realce ao monolito e tres brazos sobre o que se eleva a alegoría escultórica que preside a praza. Ademais, a obra prevé a instalación de mobiliario urbano e medidas para favorecer o drenaxe natural das augas pluviais. Por indicación do Concello, o autor deste proxecto coordinou o seu deseño co arquitecto encargado da humanización da Praza de Galicia, xa que a idea é que os proxectos vaian en sintonía dada a súa proximidade.

Ao tramo da rúa San Roque que se peonaliza é o que vai da esquina do colexio San Francisco e o vértice oposto da praza. A segunda rúa a peonalizar é que une de forma perpendicular a rúa San Roque coa de Padre Feijó. Seguindo a liña de optar por materiais duradeiros, resistentes e que precisen pouco mantemento, os solados destas vías faranse integramente en formigón, combinando dous tratamentos diferentes para romper a monotonía. O corredor que queda entre estas franxas e o contorno dos xardíns permitirá o cómodo fluír de peóns e ciclistas e un maior goce dos espazos públicos por parte da cidadanía. As novas rúas peonís dotaranse de bancos e plantaranse árbores por todo o perímetro.

As zonas que descorren pegadas en paralelo ás liñas de vivendas faranse con lousas de pequeno tamaño para gañar en funcionalidade. Será debaixo destas zonas por onde discorrerán as canalizacións de servizos polo que, ao ser lousas independentes, en caso de avarías ou instalación de novos servizos, non será necesario abrir zanxas na vía. Bastará con levantar as lousas.

Mantense a configuración do xardín e os elementos alegóricos

O tratamento que se lle da á zona axardinada apenas varía a súa configuración actual, posto que a directriz marcada dende o Concello era que se respectasen os elementos escultóricos e ornamentais, símbolos do feito histórico que da nome ao lugar, como a alegoría da aguia imperial napoleónica atravesada pola espada, as áncoras dos barcos e o canón. O cambio máis significativo será a actualización e modernización da fonte central que se abrirá e integrará na praza, eliminando o vaso circular. Maila iso, a auga seguirá tendo presenza ornamental no centro da praza, grazas aos surtidores que se instalarán a nivel do chan rodeando a antiga fonte. As pedras que conforman o círculo do vaso integrarase noutros espazos da praza.

Este proxecto encádrase no modelo de cidade que defende o goberno que preside Alberto Varela, que aposta polas peonalizacións para acadar un centro urbano libre de vehículos e onde predomine o uso peonil e ciclista. Tamén incide nos aspectos de mellora da mobilidade e da accesibilidade, posto que desaparecen as barreiras arquitectónicas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -