_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello acada un acordo con Fenosa para trasladar o transformador situado a carón do lavadoiro de Vilaxoán

As negociacións realizadas polo goberno local de Vilagarcía con Fenosa para trasladar o transformador eléctrico situado ao carón do lavadoiro de Vilaxoán acaban de frutificar. O Concello chegou a un acordo coa compañía para que esta renove todo o equipo e acometa o seu traslado aos baixos do edificio da nova escola infantil a cambio de que o Concello financie os custes de man de obra. A actuación suporá unha mellora na seguridade, ao eliminar o transformador da vía pública e substituílo por maquinaria totalmente nova, e tamén dará solución a unha vella demanda dos veciños da zona que se queixaban dos molestos ruídos que xeraba a vella maquinaria.
08.12.2018.- A Xunta Local de Goberno aprobou a semana pasada o proxecto acordado con Fenosa para renovar e trasladar o transformador da Urbanización Miramar, e tamén as liñas de media e baixa tensión ás que vai conectado. Como contrapartida, o Concello terá que asumir os 35.000 euros nos que se valora a man de obra cualificada para levar a cabo os traballos e aportar o terreo para a recolocación do transformador. O acordo resulta beneficioso para as dúas partes, dado que a compañía presupostaba en algo máis de 100.000 o custe total da actuación incluída a compra de terreos para o traslado.

Despois de que Fenosa e o Concello deran o visto bo ao proxecto, este debe ser autorizado pola Conselle´ria de Industria da Xunta de Galicia, á que xa se lle remitiu.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -