_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Comeza a colocación da marquesiña na nova parada de autobús de Alejandro Cerecedo

A nova parada de autobús da Rúa Alejandro Cerecedo quedará completamente amoblada nos vindeiros días coa colocación da marquesiña. Os traballos de instalación do equipamento adquirido polo Concello comezaron esta mañá coa execución da base de formigón sobre a que se asentará o mobiliario. A marquesiña segue a liña estética das colocadas hai case dous ano no Cadavelo e é completamente accesíbel para que poidan acceder a ela sen problemas, carros de bebés ou da compra e persoas en cadeira de rodas.
10.12.2018.- Tras a instalación das balizas e do semáforo do cruce de Castelao, coa colocación desta marquesiña remata a dotación de mobiliario urbano complementario á nova reordenación de tráfico desta céntrica rúa.

Como se sabe, a conversión de Alejandro Cerecedo en rúa de dobre sentido para o tráfico rodado conlevou unha serie de cambios. Un deles foi o desprazamento da parada de autobús que se achegou á zona da Praza de Abastos para dar mellor servizo as persoas que acoden ao mercado público a diario. A parada funciona xa dende que entrou en vigor a reordenación do tráfico, pero faltaba o subministro da marquesiña para completar a actuación, de xeito que os usuarios do bus urbano teñan a infraestrutura precisa para resgardarse mentres esperan comodamente a chegada do transporte.

A adquisición desta marquesiña financiouse con fondos do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación, igual que o fará o plan de renovación de marquesiñas que está previsto licitar proximamente para mellorar e unificar a estética deste tipo de infraestruturas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -