CONSUMO
Os alumnos do obradoiro Labora desenvolven unha campaña de información ao consumidor de cara ás compras de Nadal Os alumnos do módulo de Atención ao cliente, consumidor e Usuario do Obradoiro do Obradoiro de Emprego "Labora Xove 2018", están a desenvolver estes días unha campaña para sensibilizar e informar aos consumidores á hora de realizar as compras da temporada de Nadal. A actividade, que forma parte das prácticas previstas no programa formativo, céntrase en aspectos como os agasallos responsables, as novas tecnoloxías, a elección de xoguetes seguros e os dereitos que asisten ao consumidor.
14.12.2018.- O material gráfico conta con lemas como “Ollo, os videoxogos non son un xogo” e “Este Nadal, regala tecnoloxía, pero con cabeza”, nos que se ofrecen consellos sobre o uso responsable e seguro destes equipos. E co cartel “Regala imaxinación”, aconsellan agasallar aos máis cativos da casa con xoguetes sen pilas que potencien a creatividade e o maxin dos nenos e nenas.
No apartado de material máis informativo e textual, repartirán outro tipo de cartel cun Decálogo de concellos para a adquisición de xoguetes e xogos non sexistas non violentos; outro sobre como diferenciar o certificado de calidade e garantía de seguridade dos produtos fabricados en Europa respecto aos que se fan en China, onde os requisitos e controis son menos estritos; e outro sobre o procedemento e normativa que asiste ao consumidor á hora de facer devolucións.
Os alumnos repartirán cartelería informativa nas Oficina de Información ao Consumidor (OMIUC) do Concello e na da asociación de Amas de Casa e Consumidoras “O Noso Lar”. Bo parte da campaña desenvolverase a través de redes sociais, aspecto que se aborda tamén no programa formativo do obradoiro. Para elo crearon o seu propio blogue https://proconsumatoreclat.wordpress.com , onde informan e resolven dúbidas dos consumidores. A campaña tamén terá presenza nas redes sociais Facebook, Instagram, Pinterest, Linkedin e Youtube, nas que os alumnos comparten e xeran contidos relacionados coa atención ao cliente, así como sobre os dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias.