_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello investirá 151.847 euros para estender o servizo de saneamento ata Pedramogueira

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión desta mañá o proxecto para estender a rede municipal de saneamento ata o lugar de Pedramogueira, en Renza e dar así servizo ao grupo de vivendas alí emprazadas. Trátase dunha obra moi complexa debido á orografía da zona situada no alto de Renza, que precisa dun investimento de 151.847 euros. O Concello pretende financiar a obra a través do POS 2019, para o cal tamén se acordou hoxe solicitar á Deputación a inclusión do proxecto neste programa.
18.12.2018.- A actuación beneficiará a un reducido grupo de vivendas situadas no punto máis alonxado do lugar de Pedramogueira. A obra, demandada polas media ducia de familias que habitan o lugar presenta unha importante dificultade debido á forte pendente existente e que provoca a necesidade de instalar bombeos e impulsores.

Previsión de futuro

Coa idea de que a rede de saneamento chegue aos lugares máis alonxados do municipio, o executivo local decidiu aproveitar o estudo topográfico previo e adecuar o proxecto de Pedramogueira, de forma que esta instalación poida conectarse nun futuro a un novo ramal da parroquia de Renza, o que permitirá dar servizo a máis vivendas desta zona.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -