_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Servizos Sociais traballa a prevención do ciber acoso e o bo uso das TICs co alumnado de Secundaria e as súas familias

A Área de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía está desenvolvendo un programa de prevención do ciber acoso e bo uso das TICs co alumnado de Secundaria e as súas familias. A iniciativa xurdiu pola necesidade de abordar a problemática que se está detectando entre a poboación, especialmente a xuvenil, debido á falta de información ou mal uso das novas tecnoloxías das comunicacións. O proxecto elaborado polo departamento que dirixe Tania García financiouse a través da liña 2 do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación, cun orzamento de 3.974 euros.
18.10.2018.- O proxecto, que están a levar a cabo dende principios de novembro educadores sociais especializados na problemática do ciber acoso, ten como destinatario oo alumnado dos catro centros de Secundaria do municipio e as súas familias. A iniciativa estrutúrase en dúas liñas de traballo diferenciadas: Coas familias e cos adolescentes.

A primeira consistiu en sesións informativas e de traballo cos proxenitores dos alumnos, programadas a través das Anpas, e que se desenvolveron en cada instituto. Nos obradoiros de prevención do ciberaocoso e o bó uso na rede, informouse ás familias das pautas a seguir, tanto para detectar situacións problemáticas, como para establecer estratexias educativas que permitan a aprendizaxe dun bo uso das redes sociais, e as diferentes plataformas dixitais empregadas polos seus fillos e fillas.

A segunda liña de traballo, que está a piques de rematar, céntrase no traballo cos propios alumnos e alumnas, que terán que abordar a problemática do ciber acoso e o uso das TICs reflexionando segundo o aprendido e as súas propias experiencias. Isto serviralles para crear exemplos que se representarán no formato de teatro-foro. Trátase de construír unha peza teatral para abordar a problemática do ciber acoso, construíndo alternativas para dar apoio á vítima e aportar solucións dende o propio entorno.

O teatro foro desenvólvese nesta primeira edición do proxecto a modo experimental nun único centro, o IES Castro Alobre. As representacións comezaron o luns e rematan o xoves.

Obxectivos do proxecto

Con este proxecto de prevención do ciber acoso e bo uso das TICs, os Servizos Sociais de Vilagarcía pretenden contribuír ao uso responsable das novas tecnoloxías da información e da comunicación, neste caso concreto, da poboación xuvenil. Por iso, entre os obxectivos específicos da iniciativa atópanse mellorar o coñecemento das redes sociais on line e a comunicación, fomentar hábitos de utilización responsable das redes, concienciar sobre os posibles riscos e as avantaxes das redes, dotar de ferramentas que permitan minimizar os riscos derivados do abuso ou mal uso, previr situacións de ciber acoso dende a análise da súa xénese ate a pro actividade no apoio á vítima, así como desenvolver actuacións prácticas cun impacto directo na comunidade para previr o ciber acoso.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -