_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO RURAL
Remata a ampliación de pluviais na rúa Loureiro e ultímase a mellora de camiños en Galáns e Eiviño

A Rúa Loureiro, en Trabanca Sardiñeira, volve a estar aberta tras o remate das obras de ampliación do servizo de recollida de pluviais levadas a cabo polo Concello de Vilagarcía. Tamén están a piques de rematar as actuacións de mellora de camiños que se están desenvolvendo dende hai uns días na Rúa Galáns e en Monte Eiviño. As tres obras promovidas polo Concello enmárcanse no plan de melloras de infraestruturas do rural vilagarcián.
19.12.2018.- A obra realizada na Rúa Loureiro, en Trabanca Sardiñeira, ten como obxectivo canalizar axeitadamente a recollida de augas pluviais para evitar que estas escorreguen cara o interior dunhas vivendas da rúa, como estaba a acontecer ata o de agora. A actuación supuxo un investimento de 11.791 euros e os traballos executounos Espina e Delfín. O Concello confía en que a obra poña fin ao problema que estaban a padecer dende hai tempo os propietarios afectados e prega desculpas polos inconvenientes que a realización da mesma puidera ter ocasionado á veciñanza nestes días, lembrando que a finalidade da actuación é mellorar a calidade do servizo para todos os residentes na rúa.

Tamén hai uns días comezaron os traballos de reconstrución de muros de contención nos camiños de Rúa Galáns e Monte Eiviño. Neste caso, as obras adxudicadas a Gruporesa teñen un custe de 18.977 euros. Os traballos incidirán na mellora da seguridade viaria posto que consistirá no arranxo dos deteriorados muros de contención que delimitan os camiños e que actualmente corren o risco de desmoronarse cara a vía pola que transitan persoas e coches.

Para financiar estas dúas actuacións, o Concello de Vilagarcía recorreu ao reinvestimento dos remanentes de adxudicación doutras obras incluídas no POS da Deputación. A suma das tres obras ascende a 30.768 euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2019  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -