_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os novos semáforos dispoñen de aviso sonoro para invidentes, que se activa a través do teléfono móbil

Os novos semáforos que está instalando o Concello de Vilagarcía están dotados cun novidoso sistema de aviso sonoro para invidentes que se activa a través do teléfono móbil vía bluetooth. A medida garante a seguridade das persoas cegas á hora de atravesar unha vía e evita as molestias que sofren os veciños como consecuencia dos semáforos convencionais que soan de forma constante, día e noite, cada vez que se poñen en verde para os peóns. O sistema de alerta por bluetooth está operativo xa no semáforo de Castelao (Alejandro Cerecedo) e tamén funcionará nos equipos que se están colocando en Rodrigo de Mendoza e Doutor Tourón.
22.12.2018.- Os novos semáforos adquiridos polo Concello veñen xa dotados coa tecnoloxía bluetooth e para que funcione e o usuario –neste caso as persoas invidentes- so teñen que asegurarse de que o levan activado nos seus teléfonos. Non é preciso instalar ningunha aplicación nova (app) no teléfono, simplemente basta con modificar a configuración do bluetooth no seu dispositivo. Deste xeito, tan pronto como se acheguen a un semáforo dotado con esta tecnoloxía, o semáforo detectaraos e fará soar a sinal auditiva cando se pon en verde para os peóns. O sistema vale para calquera tipo de móbil, non é necesario contar con smartphone.

Volume axustable automaticamente

Ademais, o nivel do son axústase automaticamente ao ruído de ambiente, polo que sube si hai moito tráfico ou obras ao redor e redúcese si non hai ningún outro ruído. Deste xeito tamén se garante que a persoa invidente poida escoitalo axeitadamente en calquera circunstancia ou que, polas noites, cando apenas hai actividade e ruído, seca máis leve e non moleste aos veciños.
Trátase dun sistema moi sinxelo de activar, e moito máis axeitado para as persoas invidentes que os semáforos a demanda, posto o invidente non necesita pulsar ningún botón.

O mando a distancia solicítase na ONCE

Incluso as persoas que non dispoñan de teléfono móbil, poden beneficiarse desta tecnoloxía, xa que os novos semáforos están dotados ademais dun receptor de radiofrecuencia que funciona cun sinxelo mando a distancia que leva o propio usuario. Para obter este mando, as persoas invidentes deben dirixirse á ONCE.
Coa incorporación desta tecnoloxía, o Concello de Vilagarcía continúa avanzando na mellora da accesibilidade, a mobilidade e a protección dos colectivos máis vulnerables, neste caso en materia de seguridade viaria. Os novos semáforos que se adquiran a partir de agora contarán con esta tecnoloxía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -